OFERTA DE TRABALLO CITMAga-OT-05/2023

1 contrato como investigador/a colaborador/a para realización de tarefas de investigación no marco do proxecto “Sistema experto de previsión de demanda e xestión de stocks”.

OFERTA DE EMPREGO CITMAga-OT-05/2023: 1 contrato como investigador/a colaborador/a para realización de tarefas de investigación no marco do proxecto “Sistema experto de previsión de demanda e xestión de stocks”.

DENOMINACIÓN: “Sistema experto de previsión de demanda e xestión de stocks”.

REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-05/2023.

DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a colaborador/a.

TRABALLO A REALIZAR: realización de tarefas de investigación no marco do proxecto “Sistema experto de previsión de demanda e xestión de stocks”. 

FUNCIÓNS A REALIZAR: realizar os traballos de investigación para o desenvolvemento dun “Sistema experto de previsión de demanda e xestión de stocks”. As funcións centraríanse neste ámbito: Farase un estudo previo dos datos históricos co obxectivo de obter a distribución temporal das compras e vendas de cada un dos artigos ao longo do tempo. Con esta información de desenvolverá un modelo preditivo que permita facer unha xestión dinámica do stock establecendo os valores mínimos e máximos de cada produto que se irán actualizando ao longo do tempo. Doutra banda, dado o gran número de artigos cos que se traballará, será de gran importancia que a metodoloxía proposta sexa eficiente desde un punto de vista computacional de forma que as solucións propostas póidanse obter nun período de tempo razoablemente curto.

RESPONSABLE: Profesor D. Javier Roca Pardiñas.

PERFIS DOS CANDIDATOS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as ou equivalentes.

MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:

  • Formación e experiencia xeral a valorar (40 puntos, todas as achegas deben estar documentadas).
    • Expediente académico do grao/licenciatura e/o máster. Valorarase grao ou licenciatura en matemáticas e máster en técnicas estatísticas (20 puntos).
    • Experiencia previa en análise de datos e modelos preditivos (10 puntos).
    • Coñecementos avanzados e experiencia previa no uso de linguaxes de programación (10 puntos).
  • Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (30 puntos, todas as achegas deben estar documentadas).
    • Coñecementos e experiencia previa en técnicas de machine learning e predición relacionada coa temática do proxecto. Valorarase experiencia con software R (15 puntos).
    • Coñecementos e experiencia previa en metodoloxía e aplicacións para a análise de aplicacións reais abordadas desde o enfoque da avaliación da predición da demanda (15 puntos).
  • Entrevista persoal (30 puntos).

As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal. Entrevistaranse polo menos ás tres persoas candidatas con mellor valoración e que entre os dous apartados anteriores alcanzasen polo menos 45 puntos.

REQUISITOS XERAIS DOS CANDIDATOS:
Para ser admitidas/os, as persoas aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:

  • Ter nacionalidade española ou dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
  • Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, a/o cónxuxe das persoas con nacionalidade española e de algún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevea o correspondente tratado, o dos nacionais de algún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte un anos ou maiores de dita idade que vivan ao seu cargo.
  • Así mesmo poderán participar as persoas con nacionalidade de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. No obstante, a formalización do contrato laboral con estes nacionais queda condicionada a que os aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.
  • Ter cumpridos os 16 anos.
  • Estar en posesión da/s titulación/s válida/s en España que se indique/n de acordo á lexislación española.
  • Estar en posesión do título e demais requisitos esixidos na convocatoria para cada categoría ao finalizar o prazo de solicitude.
  • Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física o psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.
  • Non estar separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.

CONDICIÓNS:

  • Retribución bruta mensual: 1.670,89 € en 14 pagas.
  • Data inicio prevista: A partir do día seguinte á data de resolución da selección (*1)
  • Tipo de contrato: contrato por circunstancias da produción.
  • Categoría Laboral: investigador/a colaborador/a.
  • Duración: 4 meses (*2)
  • Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais).

COMISIÓN DE AVALIACIÓN:
As solicitudes presentadas serán valoradas por unha Comisión de Avaliación designada ao efecto. A Comisión estará constituída polo responsable científico (presidiraa) y membros do equipo de investigación vinculados ao Centro. 

Membros da Comisión Especializada de Selección:

  • Presidente: Javier Roca Pardiñas.
  • Secretario: Alberto Pérez Muñuzuri.
  • Vogal: Rosa María Crujeiras Casais.

LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Campus Vida, Santiago de Compostela.

ENVÍO DE SOLICITUDES:
As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 21 de maio de 2023 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria  do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), os títulos e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería, Mestrado; outras certificacións, e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículo vitae). Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: itmati@citmaga.gal  indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-05/2023. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. As persoas candidatas que sexan convocadas á fase de entrevista deberán achegar documentación orixinal dos méritos achegados.

PRAZOS E RESOLUCIÓN:
Recepción de solicitudes: ata o 21 de maio de 2023 ás 23:59 horas.
Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais: semana do 22 maio de 2023.
Resolución da convocatoria: segunda quincena de maio 2023.

LISTA DE AGARDA:
Trala resolución da convocatoria, as persoas candidatas que non foron seleccionadas e cumpran os requisitos establecidos nos criterios da convocatoria de praza, e respectando o indicado na convocatoria, constituirán un “listado de agarda” no marco desa convocatoria por orde de méritos e valía. Dito “listado de agarda” farase público o mesmo día da resolución da convocatoria, e estará en vigor durante todo o tempo de duración da propia actividade do proxecto involucrada na convocatoria. A Comisión de Avaliación da convocatoria, se o estima convinte, poderá facer uso do “listado de agarda”, sempre e cando algún traballador cause baixe voluntaria no marco do proxecto e durante todo o tempo de duración do mesmo.

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS:
O persoal contratado a través desta convocatoria dedicarase en exclusividade á realización das actividades propias do proxecto/actividade que orixine a convocatoria, polo que a duración da contratación está vinculada directamente á propia vida do proxecto/actividade específica, así como á existencia de financiamento concreto derivado do mesmo. Os contratos realizaranse baixo a modalidade de contrato por circunstancias da produción. Os importes contemplados poderán sufrir variacións que establezan as normas que lle sexan de aplicación ou por causas sobrevindas non previstas inicialmente.

NATUREZA DOS CONTRATOS:
A contratación non implica ningún compromiso en canto á posterior incorporación ao persoal de CITMAga.

RESPONSABILIDADES SUBSIDIARIAS:
As persoas contratados deberán manter a confidencialidade da actividades que realicen, así como gardar sixilo de todas as cuestión e asuntos inherentes á mesma e das que sexa coñecedor.

INCOMPATIBILIDADES:
Os contratos obxecto da convocatoria quedan sometidos, en canto o seu réxime de incompatibilidades, ao previsto na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do Persoal ao Servicio das Administracións Públicas.

INFORMACIÓN SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS  (RXPD 2016/679 e LOPDGDD 3/2018):
RESPONSABLE DO TRATAMENTO: CONSORCIO CENTRO DE INVESTIGACIÓN E TECNOLOXÍA MATEMÁTICA DE GALICIA (CITMAga); FINALIDADE DO TRATAMENTO: A xestión das candidaturas vinculadas ao proceso de selección;
LEXITIMACIÓN PARA O TRATAMENTO: Consentimento da persoa interesada (artigo 6.1a do RXPD);
DESTINATARIOS DOS DATOS: Non se cederán datos a terceiros;
PRAZO DE CONSERVACIÓN: Os datos proporcionados conservaranse durante o prazo máximo de dous anos;
EXERCICIO DE DEREITOS: As persoas interesadas poderán solicitar o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos, oposición, limitación do tratamento e retirar no seu caso o consentimento outorgado enviando un email a dpd@citmaga.gal
CONTACTO DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS E INFORMACIÓN ADICIONAL: dpd@citmaga.gal


Toda a información en relación con esta convocatoria, así como a resolución desta, publicarase na  páxina web de CITMAga https://citmaga.gal/procesos-seleccion-personal.

 


(*1) A data de inicio prevista pode sufrir modificacións en función da data de resolución de adxudicación do contrato.

(*2) A duración do contrato pode sufrir modificación en función da data de resolución de adxudicación do contrato e/o da duración da actividade/proxecto de investigación.