OFERTA DE TRABALLO CITMAga-OT-08/2024

1 contrato como investigador/a colaborador/a

DENOMINACIÓN: “Modelización matemática e simulación numérica dun forno metalúrxico”.

REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-08-2024.

DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a colaborador/a.

TRABALLO A REALIZAR: realización de tarefas de investigación no marco do proxecto “Modelización matemática e simulación numérica dun forno metalúrxico”.

FUNCIÓNS A REALIZAR: realizar os traballos de investigación para o desenvolvemento dun xemelgo dixital dun forno utilizado na metalurxia. As funcións centraríanse en definir un modelo matemático e implementalo nun código de CFD, utilizando para iso Ansys Fluent. De forma máis precisa, incluirase un modelo de transferencia de calor con reaccións químicas e cambio de fase.

RESPONSABLES: Profesor D. Alfredo Bermúdez de Castro, Profesor D. José Luis Ferrín González e Profesora Dna. María Dolores Gómez Pedreira.

PERFIS DOS CANDIDATOS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as e equivalentes.

MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:

· Formación e experiencia xeral a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).

o Expediente académico do grao/licenciatura/enxeñería. Expediente do mestrado (no seu caso). Valorarase o grao de afinidade das titulacións da persoa candidata cos ámbitos da Matemática Industrial (Matemática Aplicada, Investigación Operativa, Estatística, Informática, Física ou similares) (20 puntos).
o Coñecementos e experiencia previa en métodos numéricos para a resolución de ecuacións diferenciais ordinarias e en derivadas parciais (5 puntos).
o Coñecementos de inglés (5 puntos).


· Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
o Formación e experiencia acreditada no uso de software de simulación numérica en mecánica de fluídos Ansys Fluent (25 puntos).
o Coñecemento e experiencia acreditada en: modelización e simulación numérica; na implementación e validación en computador de algoritmos e métodos numéricos propios destas disciplinas (10 puntos).
o Formación e experiencia acreditada en: programación en linguaxes de cálculo científico (Python, Matlab, Fenics etc.)/ etc.) (5 puntos).

 

· Entrevista persoal (30 puntos).

As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal. . Entrevistarase polo menos ás/ós tres candidatas/os  con mellor valoración e que entre os dous apartados anteriores alcanzaran polo menos 40 puntos.

Criterio xeral do proceso de selección: que en condicións equivalentes de idoneidade (méritos iguais) entre dúas ou máis persoas candidatas, accederá ó posto a persoa de sexo menos representado no tipo de posto convocado.

 

REQUISITOS XERAIS DOS CANDIDATOS

Para ser admitidas/os, as persoas aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:

o Ter nacionalidade española ou dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
o Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, a/o cónxuxe das persoas con nacionalidade española e de algún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevea o correspondente tratado, o dos nacionais de algún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de persoas traballadoras, sempre que non estean separadas de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte un anos ou maiores de dita idade que vivan ao seu cargo.
o Así mesmo poderán participar as persoas con nacionalidade de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de persoas traballadoras. No obstante, a formalización do contrato laboral con persoas destas nacionalidades queda condicionada a que as persoas  aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.
o Ter cumpridos os 16 anos.
o Estar en posesión da/s titulación/s válida/s en España que se indique/n de acordo á lexislación española.
o Estar en posesión do título e demais requisitos esixidos na convocatoria para cada categoría ao finalizar o prazo de solicitude.
o Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física o psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.
o Non estar separada/o, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.

 

CONDICIÓNS:

  • Retribución bruta mensual: 1.720,95 € en 14 pagas.
  • Data inicio prevista: a partir do dia seguinte á data da resolución da selección.  
  • Tipo de contrato: Contrato por circunstancias da produción.
  • Categoría Laboral: investigador/a colaborador/a.
  • Duración: Duración: 5 meses.
  • Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais).

 

COMISIÓN DE AVALIACIÓN:

As solicitudes presentadas serán valoradas por unha Comisión de Avaliación designada ao efecto. A Comisión estará constituída pola/o responsable científica/o a (presidiráa) e membros do equipo de investigación vinculados ao Centro.

Membros da Comisión Especializada de Selección:

Presidente: Alfredo Bermúdez de Castro.
Secretario: José Luis Ferrín González.
Vogal: María Dolores Gómez Pedreira.


LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Campus Vida, Santiago de Compostela.

 

ENVÍO DE SOLICITUDES:

As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 10 de decembro de 2024 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), os títulos e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería e Mestrado; outras certificacións, e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículo vitae). Toda a documentación  remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: itmati@citmaga.gal indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-08/2024. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. As persoas candidatas que sexan convocadas á fase de entrevista deberán aportar documentación orixinal dos méritos aportados. 

 

PRAZOS E RESOLUCIÓN:

Recepción de solicitudes: ata o 10 de decembro de 2024 ás 23:59 horas.
Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais: semana do 9 de decembro do 2024..
Resolución da convocatoria: terceira semana decembro 2024.


LISTADO DE AGARDA: Trala resolución da convocatoria, as persoas candidatas que non foron seleccionadas e cumpran os requisitos establecidos nos criterios da convocatoria de praza, e respectando o indicado na convocatoria, poderán constituír un “listado de agarda” no marco desa convocatoria por orde de méritos e valía, sempre que se acadaran os setenta puntos. Dito “listado de agarda” farase público o mesmo día da resolución da convocatoria, e estará en vigor durante un período de 6  meses. A Comisión de Avaliación da convocatoria, se o estima convinte, poderá facer uso do “listado de agarda”, sempre e cando algunha persoa  traballadora renuncie ou cause baixa voluntaria no marco da contratación e durante o tempo establecido e en vigor para o “listado de agarda”.

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS:

O persoal contratado a través desta convocatoria dedicarase en exclusividade á realización das actividades propias do proxecto/actividade que orixine a convocatoria, polo que a duración da contratación está vinculada directamente á propia vida do proxecto/actividade específica, así como á existencia de financiamento concreto derivado do mesmo. Os contratos realizaranse baixo a modalidade de contrato por circunstancias dá produción. Os importes contemplados poderán sufrir variacións que establezan as normas que lle sexan de aplicación ou por causas sobrevindas non previstas inicialmente.

As persoas seleccionadas que estean en posesión dun título estranxeiro deberán entregar, no momento de sinatura do contrato, a solicitude para obter a declaración de equivalencia á titulación e nivel académico esixido para a convocatoria na que foron seleccionados, ou a homologación no suposto de títulos que habiliten para unha profesión regulada, de conformidade co Real decreto 889/2022, do 18 de outubro, polo que establecen as condicións e os procedementos de homologación, de declaración de equivalencia e de validación de ensinanzas universitarias de sistemas educativos estranxeiros e polo que regula o procedemento para establecer a correspondencia ao nivel do marco español de cualificacións para a educación superior dos títulos universitarios oficiais pertencentes a ordenacións académicas anteriores.

A retribución bruta do contrato é a especificada, para cada caso concreto. O contrato implicará ademais a alta no réxime xeral da Seguridade Social. Os importes contemplados poderán sufrir as variacións que establezan as normas que lles sexan de aplicación ou por causas sobrevidas non previstas inicialmente.

NATUREZA DOS CONTRATOS: A contratación non implica ningún compromiso en canto á posterior incorporación ao cadro de persoal de CITMAga.

RESPONSABILIDADES SUBSIDIARIAS: As persoas contratados deberán manter a confidencialidade da actividades que realicen, así como gardar sixilo de todas as cuestión e asuntos inherentes á mesma e das que sexa coñecedor.

INCOMPATIBILIDADES: Os contratos obxecto da convocatoria quedan sometidos, en canto o seu réxime de incompatibilidades, ao previsto na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do Persoal ao Servicio das Administracións Públicas.

RESPONSABLE DO TRATAMENTO: CONSORCIO CENTRO DE INVESTIGACIÓN E TECNOLOXÍA MATEMÁTICA DE GALICIA (CITMAga); FINALIDADE DO TRATAMENTO: A xestión das candidaturas vinculadas ao proceso de selección; LEXITIMACIÓN PARA O TRATAMENTO: Consentimento da persoa interesada (artigo 6.1a do RXPD); DESTINATARIOS DOS DATOS: Non se cederán datos a terceiros; PRAZO DE CONSERVACIÓN: Os datos proporcionados conservaranse durante o prazo máximo de dous anos; EXERCICIO DE DEREITOS: As persoas interesadas poderán solicitar o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos, oposición, limitación do tratamento e retirar no seu caso o consentimento outorgado enviando un correo-e a dpd@citmaga.gal CONTACTO DELEGADO DE

PROTECCIÓN DE DATOS E INFORMACIÓN ADICIONAL: dpd@citmaga.gal

 

Toda a información en relación con esta convocatoria, así como a resolución desta, publicarase na páxina web de CITMAga https://citmaga.gal/procesos-seleccion-personal

 

(1) A data de inicio prevista pode sufrir modificacións en función da data de resolución de adxudicación do contrato.

(2) A duración do contrato pode sufrir modificación en función da data de resolución de adxudicación do contrato e/ou da duración da actividade/proxecto de investigación.