OFERTA DE TRABALLO CITMAga-OT-23/2022

1 contrato como investigador/a colaborador/a na área de Investigación e Transferencia “Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “Modelización matemática para a industria” e na liña de investigación “Modelado, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria” (Contrato de substitución para a cobertura de posto por permiso de nacemento e coidado de menor)

OFERTA DE EMPREGO CITMAga-OT-23/2022: 1 contrato como investigador/a colaborador/a na área de Investigación e Transferencia “Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “Modelización matemática para a industria” e na liña de investigación “Modelado, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria” (Contrato de substitución para a cobertura de posto por permiso de nacemento e coidado de menor)

DENOMINACIÓN: Contratación no marco do programa propio de investigación do consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), aprobado polo Consello Reitor o 25 de maio de 2022, para o desenvolvemento da Axenda Científica do CITMAga. Na área de Investigación e Transferencia “Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “Modelización matemática para a industria” e na liña de investigación “Modelado, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria”.

REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-23/2022.

DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a colaborador/a

TRABALLOS A REALIZAR: realización de tarefas de investigación na área de Investigación e Transferencia “Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “Modelización matemática para a industria” e na liña de investigación “Modelado, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria”.

FUNCIÓNS A REALIZAR: modelización matemática, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia y da industria.

PERFÍS DOS CANDIDATOS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as ou equivalentes.

MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:

  • Formación e experiencia xeral a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
    • Expediente académico do grado/licenciatura/enxeñería. Expediente do mestrado (no seu caso). Título de doutor (no seu caso). Valoraranse licenciados/as, enxeñeiros/as, graduados/as e mestrados relacionados coas Matemáticas, a Física, a Enxeñería e a Informática (ou similares). Grado de afinidade das titulacións do candidato cos ámbitos da Matemática Aplicada e Industrial (25 puntos).

    • Coñecementos de inglés (5 puntos)

  • Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
    • Formación e experiencia acreditada en: modelización, simulación numérica, optimización e control; na implementación e validación no ordenador de algoritmos e métodos numéricos propios de estas disciplinas (25 puntos).

    • Formación e experiencia acreditada en: programación en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Python, Matlab, etc.) (10 puntos).

    • Formación e experiencia acreditada no uso de software de simulación numérica e optimización (5 puntos).

  • Entrevista persoal (30 puntos).

As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal e a unha proba relativa ás funcións do posto. Entrevistarase polo menos ás tres persoas candidatas mellor valoradas e que entre os dous apartados anteriores alcanzaran ao menos 40 puntos.

REQUISITOS XERAIS DOS CANDIDATOS:

Para ser admitidas/os, as persoas aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:

  • Ter nacionalidade española ou dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

  • Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, a/o cónxuxe das persoas con nacionalidade española e de algún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevea o correspondente tratado, o dos nacionais de algún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte un anos ou maiores de dita idade que vivan ao seu cargo.

  • Así mesmo poderán participar as persoas con nacionalidade de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. No obstante, a formalización do contrato laboral con estes nacionais queda condicionada a que os aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.

  • Ter cumpridos os 16 anos.

  • Estar en posesión da/s titulación/s válida/s en España que se indique/n de acordo á lexislación española.

  • Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física o psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.

  • Non estar separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.

CONDICIÓNS:

  • Retribución bruta mensual: 1.606,52 € en 14 pagas.

  • Data de inicio prevista: a partir do 8 de outubro de 2022.

  • Tipo de contrato: Contrato temporal, (contrato de substitución para la cobertura de posto por permiso de nacemento e coidado de menor).

  • Categoría laboral: investigador/a colaborador/a.

  • Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais).

  • Duración: 16 semanas.

COMISIÓN DE AVALIACIÓN:

As solicitudes presentadas serán valoradas por unha Comisión de Avaliación designada ao efecto, pola Dirección en función do Centro.

Membros da Comisión Especializada de Selección:

  • Presidente: Alfredo Bermúdez de Castro.
  • Secretaria: Pilar Salgado Rodríguez.
  • Vogal: Dolores Gómez Pedreira.
  • Vogal: Jerónimo Rodríguez García.

LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Campus Vida, Santiago de Compostela.

ENVÍO DE SOLICITUDES:

As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 25 de setembro de 2022 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria  do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículum vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), os títulos e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería e Mestrado; outras certificacións, e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículum vitae). Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: itmati@itmati.com indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-23/2022. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da  mesma mediante correo electrónico. As persoas candidatas que sexan convocadas á fase de entrevista deberán aportar documentación orixinal dos méritos aportados. 

PRAZOS E RESOLUCIÓN:

Recepción de solicitudes: : ata o 25 de setembro de 2022 ás 23:59 horas

Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais: segunda quincena de setembro de 2022.

Resolución da convocatoria: outubro de 2022.

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS:

O persoal contratado a través desta convocatoria dedicarase en exclusividade á realización das actividades propias do proxecto/actividade que orixine a convocatoria, polo que a duración da contratación está vinculada directamente á propia vida do proxecto/actividade específica, así como a existencia de financiación concreta derivada do mesmo. Os contratos realizaranse mediante a modalidade de contrato de substitución para a cobertura de posto por permiso de nacemento e coidado da menor. Os importes contemplados poderán sufrir variacións que establezan as normas que lle sexan de aplicación ou por causas sobrevidas non previstas inicialmente.

NATUREZA DOS CONTRATOS:

A contratación non implica ningún compromiso en canto á posterior incorporación á plantilla de CITMAga.

RESPONSABILIDADES SUBSIDIARIAS:

As persoas contratadas deberán manter a confidencialidade das actividades que realicen, así como gardar sixilo de todas as cuestións e asuntos inherentes á mesma e das que sexa coñecedor.

INCOMPATIBILIDADES:

Os contratos obxecto da convocatoria quedan sometidos, en canto ó seu  réxime  de incompatibilidades, ao previsto na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do Persoal ao  Servicio das Administracións Públicas.