CITMAga-OT-24/2022
OFERTA DE TRABALLO CITMAga-OT-24/2022
1 contrato como investigador/a colaborador/a na área de Investigación e Transferencia “Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “Modelización matemática para a industria” e na liña de investigación “Modelado, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria”
OFERTA DE EMPREGO: 1 contrato como investigador/a colaborador/a na área de Investigación e Transferencia “Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “Modelización matemática para a industria” e na liña de investigación “Modelado, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria”
DENOMINACIÓN: Contratación no marco do programa propio de investigación do consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), aprobado polo Consello Reitor o 25 de maio de 2022, para o desenvolvemento da Axenda Científica do CITMAga. Na área de Investigación e Transferencia “Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “Modelización matemática para a industria” e na liña de investigación “Modelado, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria”.
DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a colaborador/a.
TRABALLOS A REALIZAR: realización de tarefas de investigación na Área de Investigación e Transferencia “Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “Modelización matemática para a industria” e na liña de investigación “Modelado, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria”.
FUNCIÓNS A REALIZAR: modelización matemática, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria.
PERFIS DOS CANDIDATOS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as ou equivalentes.
MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:
- Formación e experiencia xeral a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
- Expediente académico do grao/licenciatura/enxeñería. Expediente do mestrado (no seu caso). Título de doutor (no seu caso). Valoraranse licenciados/ as, enxeñeiros/ as, graduados/ as e mestrados relacionados coas Matemáticas, a Física, a Enxeñería e a Informática (ou similares). Grao de afinidade das titulacións do candidato cos ámbitos da Matemática Aplicada e Industrial (25 puntos).
- Coñecementos de inglés (5 puntos).
- Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
- Formación e experiencia acreditada en: modelización, simulación numérica, optimización e control, e na implementación e validación en computador de algoritmos e métodos numéricos propios destas disciplinas (25 puntos).
- Formación e experiencia acreditada en: programación en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Python, Matlab, etc.) (10 puntos).
- Formación e experiencia acreditada no uso de software de simulación numérica e optimización (5 puntos).
- Entrevista persoal (30 puntos).
As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal e a unha proba relativa ás funcións do posto. Entrevistaranse polo menos ás tres persoas candidatas con mellor valoración e que entre os dous apartados anteriores alcanzasen polo menos 40 puntos.
REQUISITOS XERAIS DOS CANDIDATOS
Para ser admitidas/os, as persoas aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:
- Ter nacionalidade española ou dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
- Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, a/o cónxuxe das persoas con nacionalidade española e de algún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevea o correspondente tratado, o dos nacionais de algún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte un anos ou maiores de dita idade que vivan ao seu cargo.
- Así mesmo poderán participar as persoas con nacionalidade de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. No obstante, a formalización do contrato laboral con estes nacionais queda condicionada a que os aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.
- Ter cumpridos os 16 anos.
- Estar en posesión da/s titulación/s válida/s en España que se indique/n de acordo á lexislación española.
- Estar en posesión do título e demais requisitos esixidos na convocatoria para cada categoría ao finalizar o prazo de solicitude.
- Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física o psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.
- Non estar separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.
CONDICIÓNS:
- Retribución bruta mensual: 1.606,52 € en 14 pagas.
- Data inicio prevista: a partir do 29 de outubro de 2022.
- Tipo de contrato: contrato de actividades científico-técnicas indefinido.
- Categoría Laboral: investigador/a colaborador/a
- Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais).
COMISIÓN DE AVALIACIÓN:
As solicitudes presentadas serán valoradas por unha Comisión de Avaliación designada ao efecto. A Comisión estará constituída polo responsable científico (presidiraa) y membros do equipo de investigación vinculados ao Centro.
Membros da Comisión Especializada de Selección:
- Presidente: Alfredo Bermúdez de Castro.
- Secretario: Ángel Manuel González Rueda.
- Vogal: María Dolores Gómez Pedreira.
LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Campus Vida, Santiago de Compostela.
ENVÍO DE SOLICITUDES:
As persoas interesadas nestes contratos deberán enviar antes do 13 de outubro de 2022 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), os títulos e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería e Mestrado; outras certificacións, e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículo vitae). Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: itmati@itmati.com indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-24/2022. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. As persoas candidatas que sexan convocadas á fase de entrevista deberán aportar documentación orixinal dos méritos aportados.
PRAZOS E RESOLUCIÓN:
Recepción de solicitudes: ata o 13 de outubro de 2022 ás 23:59 horas
Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais: segunda quincena de outubro de 2022.
Resolución da convocatoria: segunda quincena de outubro de 2022.
CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS
Os contratos recollidos nesta convocatoria terán carácter laboral indefinido para o desenvolvemento da liña de investigación indicada en cada convocatoria de prazas e o persoal contratado a través da mesma dedicarase en exclusividade á realización das actividades vinculadas á liña de investigación para a que será contratado.
RESPONSABILIDADES SUBSIDIARIAS
As persoas contratados deberán manter a confidencialidade da actividades que realicen, así como gardar sixilo de todas as cuestión e asuntos inherentes á mesma e das que sexa coñecedor.
INCOMPATIBILIDADES
Os contratos obxecto da convocatoria quedan sometidos, en canto o seu réxime de incompatibilidades, ao previsto na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do Persoal ao Servicio das Administracións Públicas.
MÁIS INFORMACIÓN
Toda a información en relación con esta convocatoria, así como a resolución desta, publicarase na páxina web de CITMAga e na páxina web de ITMATI.