CITMAga-OT-26/2022
OFERTA DE TRABALLO CITMAga-OT-26/2022
1 contrato como investigador/a colaborador/a. "Consolidación de ferramentas de desenvolvemento e validación de modelos de optimización no ámbito enerxético".
OFERTA DE EMPREGO CITMAga-OT-26/2022: 1 contrato como investigador/a colaborador/a
DENOMINACIÓN: “Consolidación de ferramentas de desenvolvemento e validación de modelos de optimización no ámbito enerxético”.
REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-26/2022.
DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a colaborador/a.
TRABALLO A REALIZAR: traballos de consolidación de ferramentas de desenvolvemento e validación de modelos de optimización no ámbito enerxético.
FUNCIÓNS A REALIZAR: Tarefas: documentación, elaboración de código, validación de modelos de optimización matemática e emisión de informes.
RESPONSABLES: Profa. Dra. Beatriz Pateiro, Prof. Dr. Francisco Pena Brage e Prof. Dr. Julio González Díaz.
PERFIS DOS CANDIDATOS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as ou equivalentes.
MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:
- Formación e experiencia xeral a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
-
Expediente académico do grao/licenciatura e/o máster. Valorarase máster de especialización con contidos en modelización/optimización matemática (10 puntos).
-
Coñecemento e experiencia en modelización de problemas optimización matemática (10 puntos).
-
Coñecemento e experiencia en linguaxes de modelización como AMPL, GAMS, JUMP, Pyomo... (10 puntos).
-
Coñecemento e experiencia en entornos "cloud", bases de datos, software de control de versións ... (10 puntos).
-
-
Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
-
o Experiencia específica en modelización de problemas de optimización matemática a través de Python e Pyomo (15 puntos).
-
o Experiencia específica en proxectos no ámbito da optimización matemática en eficiencia enerxética (15 puntos).
-
-
Entrevista persoal (30 puntos).
As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal e a unha proba relativas funcións do posto. Entrevistarase polo menos aos/ás tres candidatas/os con mellor valoración e que entre os dous apartados anteriores alcanzaran polo menos 45 puntos.
REQUISITOS XERAIS DOS CANDIDATOS:
Para ser admitidas/os, as persoas aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:
- Ter nacionalidade española ou dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
- Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, a/o cónxuxe das persoas con nacionalidade española e de algún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevea o correspondente tratado, o dos nacionais de algún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte un anos ou maiores de dita idade que vivan ao seu cargo.
- Así mesmo poderán participar as persoas con nacionalidade de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. No obstante, a formalización do contrato laboral con estes nacionais queda condicionada a que os aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e esidencia legal en España.
- Ter cumpridos os 16 anos.
- Estar en posesión da/s titulación/s válida/s en España que se indique/n de acordo á lexislación española.
- Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física o psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.
- Non estar separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.
CONDICIONS:
- Retribución bruta mensual: 803,125 € en 14 pagas.
- Data inicio prevista: a partir do día seguinte á data de resolución da selección.
- Tipo de contrato: contrato por circunstancias da produción.
- Categoría laboral: investigador/a colaborador/a.
- Duración: 3 meses.
- Xornada laboral: a tempo parcial (17.5 horas semanais).
COMISIÓN DE AVALIACIÓN:
As solicitudes presentadas serán valoradas por unha Comisión de Avaliación designada ao efecto. A Comisión estará constituída polo responsable científico (presidiraa), membros do equipo de investigación vinculados ao Centro.
Membros da Comisión Especializada de Selección:
- Presidente: Julio González Díaz.
- Secretaria: Beatriz Pateiro López.
- Vogal: Francisco Pena Brage.
LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Campus Vida, Santiago de Compostela.
ENVÍO DE SOLICITUDES:
As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 6 de decembro de 2022 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículum vitae (con teléfonomóbil e correo electrónico), os títulos e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería e Mestrado; outras certificacións, e a vida laboral (que acredite os
méritos profesionais que aparecen no currículum vitae). Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: itmati@citmaga.gal indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-26/2022. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. As persoas candidatas que sexan convocadas á fase de entrevista deberán aportar documentación orixinal dos méritos aportados.
PRAZOS E RESOLUCIÓN:
Recepción de solicitudes: ata o 6 de decembro de 2022 ás 23:59 horas
Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais: primeira quincena de decembro de 2022.
Resolución da convocatoria: primeira quincena de decembro de 2022.
LISTADO DE ESPERA:
Trala resolución da convocatoria, os/as candidatos/as que non foron seleccionados/as e cumpran os requisitos establecidos nos criterios da convocatoria de praza, e respectando o indicado na convocatoria, constituirán un “listado de espera” no marco desa convocatoria por orde de méritos e valía. Dito “listado de espera” farase público o mesmo día da resolución da convocatoria, e estará en vigor durante todo o tempo de duración da propia actividade do proxecto involucrada na convocatoria. A Comisión de Avaliación da convocatoria, se o estima convinte, poderá facer uso do “listado de espera”, sempre e cando algún traballador cause baixe voluntaria no marco do proxecto e durante todo o tempo de duración do mesmo.
CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS:
O persoal contratado a través desta convocatoria dedicarase en exclusividade á realización das actividades propias do proxecto/actividade que orixine a convocatoria, polo que a duración da contratación está vinculada directamente á propia vida do proxecto/actividade específica, así como á existencia de financiamento concreto derivado do mesmo. Os contratos realizaranse baixo a modalidade de contrato por circunstancias da produción. Os importes contemplados poderán sufrir variacións que establezan as normas que lle sexan de aplicación ou por causas sobrevindas non previstas inicialmente.
NATURALEZA DOS CONTRATOS:
A contratación non implica ningún compromiso en canto á posterior incorporación á plantilla de CITMAga.
RESPONSABILIDADES SUBSIDIARIAS:
As persoas contratadas deberán manter a confidencialidade das actividades que realicen, así como gardar sixilo de tódalas cuestións e asuntos inherentes á mesma e das que sexa coñecedor.
INCOMPATIBILIDADES:
Os contratos obxecto da convocatoria quedan sometidos, en canto a o seu réxime de incompatibilidades, ao previsto na Lei 53/1984. Do 26 de decembro, de incompatibilidades do Persoal ao Servicio das Administracións Públicas.