Como se introduce a perspectiva de xénero na investigación?

04 Feb 2025
12:00
Salón de Graos da Facultade de Matemáticas (USC)
CITMAga

Relatora: Eva López Barrio (USC).


Data: 4 de febreiro de 12:00h a 13:00h.
 

Localización: Salón de Graos da Facultade de Matemáticas (USC) e online vía MS Teams.

 

Programa:

Introdución dos conceptos clave (sexo e xénero) e as dúas dimensións da incorporación da perspectiva de xénero (xestión de persoas e actividade investigadora). Nas áreas do coñecemento das Ciencias Sociais, Xurídicas, Humanidades e Artes emprégase o xénero, pero nas Ciencias Experimentais (animais, humanos) é fundamental o sexo.

Como debe abordarse a perspectiva de xénero desde o punto de vista organizativo: incorporar a dimensión de xénero na planificación estratéxica do centro e na selección de áreas de investigación, e ofrecer pautas sobre a igualdade de trato e oportunidades nas diferentes políticas de persoal. Gender Equality Plan como criterio de elixibilidade de Horizonte Europa.

A incorporación da perspectiva de xénero na actividade investigadora, abranguendo tanto a selección de liñas de investigación por parte do equipo investigador como todas e cada unha das fases do proxecto (ideas, deseño, investigación, resultados e diseminación/transferencia).

Innovatia 8.3: dende o ano 2011 incorporando a perspectiva de xénero nos procesos de transferencia e na creación de EBCs.