Construción de paquetes de Arthur locais para un grupo de tipo G2

10 Xan 2024
16:30
Aula 10 da Facultade de Matemáticas (USC) e online
CITMAga

"Construción de paquetes de Arthur locais para un grupo de tipo G2", organizado polo CITMAga en formato presencial e virtual. Será impartido por Raúl Alonso Rodríguez (University of California, Santa Bárbara, USA).

Data: mércores 10 de xaneiro de 2024

Hora: 16:30 h

Duración: 1 hora

Lugar: Aula 10 da Facultade de Matemáticas (USC), ou online vía MS Teams (ver QR)

Abstract:
Sexa G un grupo linear conexo e reductivo. As conxecturas de Arthur proporcionan unha clasificación das representacións automorfas de cadrado integrable de G en termos do que se vén denominando parámetros de Arthur. Cada parámetro correspondería a unha clase de case-equivalencia de representacións automorfas cuxas compoñentes locais pertencen a un certo paquete de Arthur determinado polo correspondente parámetro local. Nesta charla introduciremos as conxecturas de Arthur e explicaremos como construír paquetes de Arthur locais para certa clase de parámetros asociados a un grupo excepcional de tipo G2.

O contido da charla está baseado nun traballo conxunto con Qiao He, Mishty Ray e Martí Roset.