Conxuntos simpliciais, unha nova aproximación á topoloxía

29 Nov 2023
17:00
Salón de Graos, Facultade de Matemáticas da USC
CITMAga

"Conxuntos simpliciais, unha nova aproximación á topoloxía", impartido por Isaac Carcacía Campos (Área de xeometría e topoloxía).

Data: Mércores 29 de novembro de 2023.

Hora: 17:00 h.

Lugar: Salón de Graos, Facultade de Matemáticas da USC.

Abstract:

Os enfoques para o estudo da topoloxía levaron á creación de moitas ferramentas combinatorias e alxébricas que permiten estudar mellor os invariantes dos espazos topolóxicos. Entre eles están os conxuntos simpliciais que aparecen en multitude de ámbitos e casos. Por exemplo, permiten asociar un espazo topolóxico a un obxecto alxébrico como unha categoría pequena e a través de casos particulares permiten definir grupoides e categorías infinitas, que xeneralizan a noción de categoría e grupoide para facelas máis amigables ás intuicións homotópicas.
O obxectivo da charla será presentar dita noción e algúns dos seus usos.