Cuadratura de alta precisión
Cuadratura de alta precisión
"Cuadratura de alta precisión", impartido por Juan Couselo Silveira (Área de Matemática Aplicada).
Data: 19 de novembro de 2025.
Hora: 17:00h.
Lugar: Salón de Graos, Facultade de Matemáticas (USC).
Abstract:
Neste proxecto estudamos métodos numéricos para aproximar integrais definidas mediante fórmulas de cuadratura, fundamentais cando o valor exacto é descoñecido. Traballamos con fórmulas de tipo interpolatorio polinómico e analizamos tres técnicas principais: as fórmulas de Gauss, que destacan pola súa alta precisión con poucos nodos; o método de Romberg, que combina a regra do trapecio composta coa extrapolación de Richardson; e as correccións extremais para as regras de trapecio e Simpson. Examínanse a teoría, o erro e as condicións de exactitude, así como exemplos e táboas que amosan a evolución do erro.