Datos circulares e regresión non paramétrica
Datos circulares e regresión non paramétrica
"Datos circulares e regresión non paramétrica", impartido por Iago Comesaña Soliño (Área de Estatística e Investigación Operativa).
Data: 8 de outubro de 2025.
Hora: 17:00h.
Lugar: Salón de Graos, Facultade de Matemáticas (USC).
Abstract:
A estatística de datos circulares ocúpase das variables aleatorias que toman valores sobre a circunferencia unitaria. Os exemplos máis frecuentes na práctica inclúen ángulos e direccións, mais calquera dato con estrutura periódica pode ser representado deste xeito. Así, neste seminario realizarase unha introdución a esta disciplina e exporase a necesidade dunha metodoloxía especializada, pois nin sequera medidas como a media mostral resultan de utilidade.
Ademais, comentaranse os principais modelos de distribución de probabilidade e técnicas de regresión, facendo especial fincapé nos procedementos non paramétricos máis habituais e tentando amosar exemplos de aplicación.