Ecuacións en modelos biolóxicos.
Ecuacións en modelos biolóxicos.
Ecuacións en modelos biolóxicos.
O mércores 9 de marzo de 2022 terá lugar o seguinte Seminario de Iniciación á Investigación: Ecuacións en modelos biolóxicos, que será impartido por Sara Rodríguez Pastoriza (Área de Análise Matemática).
Data: Mércores, 9 de marzo de 2022
Lugar: Salón de Graos, Facultade de Matemáticas, USC
Hora: 17:00h
Abstract: Nesta charla falaremos dos principais modelos epidemiolóxicos de tipo compartimental, todos eles modelados a partir de sistemas de ecuacións diferenciais. Analizarase o comportamento das súas solucións co obxectivo de predicir e explicar a priori a evolución dunha enfermidade infecciosa nunha determinada poboación. Isto permitirá actuar con antelación neste tipo de ameazas, adoptando as medidas de protección necesarias para o control da situación. Entre elas destaca o illamento dos individuos ou a vacinación dos mesmos, que suavizarán considerablemente o coñecido como pico da infección
Actividade co-financiada coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades