Elena B. Martín Ortega

Universidad
Universidade de Vigo
Área
Mecánica de Fluidos (600)
Researcher ID
E-5436-2017
Código ORCID
0000-0002-3333-9970

Catedrática de Universidade de Mecánica de Fluídos (UVigo), e investigadora vinculada a CITMAga da UVigo. Doutora Enxeñería Aeronáutica pola Universidad Politécnica de Madrid (2002). A súa tese doutoral, realizada no programa de Motopropulsión e Termofluidodinámica da Escuela Técnica Superior de Ingenieros Aeronáuticos baixo a supervisión dos catedráticos José Manuel Vega e Carlos Martel e titulada “Interacción entre ondas de Faraday e Fluxos Medios” recibiu o premio extraordinario de doutorado da UPM correspondente ao curso 2002/2003. En 2003 obtivo o premio internacional para mozos investigadores “David Crighton Fellowship” do Department of Applied Mathematics and Theoretical Physics (DAMTP) da Universidad de Cambridge (U.K.). Dende setembro de 1999 en adiante traballa na área de Mecánica de Fluídos do Departamento de Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos, Fluídos e Aeroespacial da Universidade de Vigo. Colaborou en diversos contratos de investigación de ámbito rexional, nacional e internacional con diversas empresas e administración e foi investigadora principal de proxectos nacionais, europeos e de diversos contratos de investigación. As súas áreas de interese son a modelización, simulación numérica e xeración de modelos de orde reducida de diversos procesos termo-fluído-dinámicos, desde análise de procesos de fabricación con tratamentos térmicos ata procesos de mixtura e fluxos reactivos. Foi Investigadora Principal de máis de 17 proxectos/contratos de I+D+i cunha facturación total de máis de 1,5M€. É revisora de revistas JCR, xestiona proxectos para diferentes Administracións Públicas e Universidades e contribúe á homologación de títulos universitarios da Área de Enxeñaría Aeronáutica da ANECA. Nos últimos 5 años, dirixiu 6 teses doutorales (4 en codirección) con 3 máis en curso, e máis de 70 Traballos de Fin de Grao e Máster, logrando 3 evaluacións positivas de investigación. É autora de 52 publicacións: 36 en revistas indexadas ISSN Scopus (27 JCR), 8 h-index, 20 publicacións en libros e participa en talleres de investigación internacionais.


Programa de investigación:

M4 Ciencia e Coñecemento. Dinámica e fenómenos complexos, M4 Competitividade Industrial. Modelización matemática para a industria