Elena Vázquez Cendón

Matemática Aplicada
Researcher ID
F-6290-2015
Código ORCID
0000-0001-6954-6747
Especialista no método de volumes finitos para problemas hiperbólicos, con importantes contribucións sobre leis de equilibrio hiperbólico. Doutorei na USC en 1994, sendo o Prof. Alfredo Bermúdez o director da tese e son membro do Grupo de investigación en Enxeñaría Matemática. Con máis de 34 anos de experiencia universitaria, son Catedrática de Universidade do Departamento de Matemática Aplicada (1997), conto con 4 valoracións positivas consecutivas en investigación e son coordinadora do Máster Universitario en Matemática Industrial (2013) con mención de excelencia da Xunta de Galicia 2022. Son decana da Facultade de Matemáticas desde 2017. As miñas investigacións teñen diferentes campos de aplicación: problemas relacionados coas ecuacións de augas pouco profundas, as ecuacións de Navier-Stokes, as ecuacións de Euler con gravidade e as ecuacións que modelan o fluxo de sangue nas arterias e nas veas. No marco da transferencia, liderei e participei en contratos con Endesa Generación S.A. e Reganosa, respectivamente. Formo parte dos grupos que desenvolveron códigos rexistrados en hidráulica e CFD, destacando o IBER, utilizado por unha ampla comunidade de usuarios e Confederacións da Auga.
Programa de investigación:
M4 Ciencia e Coñecemento. Dinámica e fenómenos complexos, M4 Ciencia e Coñecemento. Estruturas naturais, M4 Vida e Sostibilidade. Entendendo a contorna e o cambio climático, M4 Vida e Sostibilidade. Rumbo á sostibilidade, M4 Competitividade Industrial. Modelización matemática para a industria, M4 Competitividade Industrial. Algoritmos e computación de altas prestacións