Enrique Macías

Xeometría e Topoloxía
Researcher ID
AAD-7425-2020
Código ORCID
0000-0003-1763-1610
Especialista en Topoloxía, actualmente estou interesado nas aplicacións da topoloxía alxébrica á robótica. Publiquei numerosos artigos de investigación e fun investigador principal de varios proxectos de investigación orientados ao estudo de invariantes como a complexidade topolóxica e a categoría Lusternik-Schnirelmann. Dirixín catro teses de doutoramento. Con máis de 40 anos de experiencia universitaria, son Catedrático de Xeometría e Topoloxía e fun Decano da Facultade de Matemáticas e Director dos Departamentos de Xeometría e Topoloxía e de Matemáticas. Teño participado en diferentes Comités da Rede Española de Topoloxía, da Real Sociedade Matemática Española, da Sociedade Matemática Europea e da Unión Matemática Internacional.
Programa de investigación:
M4 Ciencia e Coñecemento. Dinámica e fenómenos complexos