Formas modulares, símbolos modulares e aplicacións
Formas modulares, símbolos modulares e aplicacións
"Formas modulares, símbolos modulares e aplicacións", impartido por Javier Polo Noche (Área de álxebra).
Data: 3 de abril de 2024.
Hora: 17:00h.
Lugar: Salón de Graos, Facultade de Matemáticas (USC).
Abstract:
As formas modulares son un tipo de funcións de variable complexa que satisfán certas condicións. O seu estudo é un dos campos de investigación máis relevantes na teoría de números, e comezou a desenvolverse co xurdimento da teoría de funcións elípticas. Das formas modulares podemos destacar a súa conexión con outras áreas como a topoloxía alxébrica, as aplicacións na criptografía, e o papel fundamental que xogan en resultados importantes como o Último Teorema de Fermat.
O obxectivo da charla é introducir o concepto de forma modular proporcionando a base matemática necesaria, coñecer algunhas das súas aplicacións e explicar brevemente certas nocións sobre operadores de Hecke e símbolos modulares, amosando a súa relación coas formas modulares.