Fran Pena

Matemática Aplicada
Researcher ID
AAN-9857-2021
Código ORCID
0000-0001-7549-8980
Son doutor en matemática aplicada dende o 2003, cunha tese sobre algúns problemas na industria do silicio. Na actualidade, son profesor Contratado Doutor na Universidade de Santiago de Compostela. A miña formación centrouse na análise numérica de ecuacións en derivadas parciais mediante o método dos elementos finitos. As miñas primeiras experiencias de transferencia consistiron na resolución de problemas térmicos, electromagnéticos e outros. A miña vocación levoume a interesarme por todos os pasos da programación de aplicacións integradas: interface gráfica, creación de mallas, resolución numérica e visualización gráfica de resultados. Nos últimos anos participei en proxectos con empresas relacionados coa optimización e a computación cuántica.
Programa de investigación:
M4 Competitividade Industrial. Modelización matemática para a industria, M4 Competitividade Industrial. Algoritmos e computación de altas prestacións, M4 Competitividade Industrial. Produción e xestión eficientes