G-NIGHT: noite europea das persoas investigadoras

Mar, 05 Set 2023 07


O 29 de setembro de 2023 celébrase en Galicia a Noite Europea das persoas Investigadoras (G-NIGHT), un evento de divulgación científica que se celebra simultaneamente en cidades de toda Europa, e no que participará o CITMAga. En Galicia celebrarase en varias cidades galegas mediante un proxecto divulgativo no que colaboran as tres universidades, CESGA, CITMAga e outros organismos de investigación.

A G-NIGHT busca achegar a figura das persoas investigadoras e da investigación á sociedade en xeral, prestando especial atención ás vocacións científicas. Esta xornada xirará arredor dun rico programa de actividades que terán lugar o venres 29 de setembro a partir das 18.00 horas baixo o lema “Conciencias Creativas”, a actividade do CITMAga estará presente nas seguintes actividades. Dende o centro participaremos con charlas breves no ciclo: “Matemáticas para a ciencia e a vida” e nos obradoiros realizados no Campus de Esteiro de Ferrol en colaboración co CITMAga-UDC.

“Matemáticas para a ciencia e a vida”: un ciclo de charlas de divulgación científica e investigación en matemáticas para poñer en valor esta ciencia ou disciplina para espertar novas vocacións matemáticas entre a mocidade. 

 

Programa: “Matemáticas para a ciencia e a vida"

 

  • Charlas en Santiago de Compostela​​​​​


 

Hora e lugar 18:00 / Salón de Graos do Colexio de San Xerome, Praza do Obradoiro s/n
Relatoras Saray Busto Ulloa e M. Elena Vázquez Cendón
Posto (filiación) Saray Busto Ulloa (Profesora Axudante Doutora da Uvigo) e M. Elena Vázquez Cendón (Profesora Titular da USC e investigadora vinculada do CITMAga)
Título da charla "As matemáticas que flúen na auga e no sangue"
Breve resumo

O obxectivo do relatorio e partillar coa audiencia aplicacións das matemáticas en Galicia e noutras rexións e simulacións tridimensionais en fluidos en conexión con empresas e institucións.

 

Hora e lugar 18:20 / Salón de Graos do Colexio de San Xerome, Praza do Obradoiro s/n
Relator Óscar Crego
Posto (filiación) Investigador asociado do CITMAga
Título da charla "Matemáticas para un futuro máis verde"
Breve resumo

Charla curta para explicar a importancia das matemáticas, e en particular da modelización matemática e da simulación numérica, nun proceso industrial destinado a producir silicio de calidade con baixo impacto ambiental. A investigación neste campo realizárase no marco dun proxecto europeo (SisAl Pilot).

 

Hora e lugar 18:40 / Salón de Graos do Colexio de San Xerome, Praza do Obradoiro s/n
Relatoras Marta Rodríguez Barreiro e María José Ginzo Villamayor
Posto (filiación) Marta Rodríguez Barreiro (Investigadora colaboradora propia do CITMAGA) e María José Ginzo Villamayor (Universidade de Santiago de Compostela, colaboradora do CITMAga)
Título da charla "Coordinando os helicópteros nun incendio forestal"
Breve resumo

Presentación da problemática da coordinación das aeronaves durante un incendio forestal, e dunha solución aportada para axudar ó coordinador de incendio na planificación das aeronaves durante a extinción do incendio.

 

Hora e lugar 19:00 / Salón de Graos do Colexio de San Xerome, Praza do Obradoiro s/n
Relatora María Isabel Borrajo García
Posto (filiación) Profesora Contratada Doutora da USC e investigadora vinculada do CITMAga
Título da charla “Analizando accidentes de tráfico con estatística espacial”
Breve resumo

Os accidentes de tráfico son un dos principais retos a nivel mundial, pois resultan unha grave ameaza para a vida humana, sendo unha das principais causas de morte, especialmente nas/os mozas/os. Segundo a Organización Mundial da Saúde, o número de mortes nas estradas do mundo é inaceptablemente alto, falecendo aproximadamente 1.35 millóns de persoas cada ano.
Para comprender as causas dos accidentes de tráfico xorde a seguridade viaria, que busca apoiar ás institución na implementación de medidas axeitadas para mitigar este fenómeno. A estatística é esencial neste eido, posto que permite a análise da distribución espazo-temporal dos accidentes, a determinación de “puntos quentes” ou a comparación de patróns. Nesta charla, queremos explicar o papel fundamental da estatística espacial neste campo, para o que empregaremos exemplos e ilustracións que axuden a comprender a súa utilidade e o seu potencial.

​​​​​

Hora e lugar 19:20 / Salón de Graos do Colexio de San Xerome, Praza do Obradoiro s/n
Relatora María Vidal García
Posto (filiación) Investigadora predoutoral da USC e investigadora en formación do CITMAga
Título da charla "E a min a estatística, de que me serve?"
Breve resumo

Todos os días manexamos moitísimos datos (falamos, miramos o móbil, escoitamos ó do lado…) e non temos problema para procesalos e extraer a información relevante sen aplicar nada de estatística. Entón, por que está tan de moda falar de ciencia de datos? Por que son necesarias tantas ferramentas novas para facer algo tan sinxelo? A resposta (alerta spoiler) é que extraer conclusións dásenos bastante peor do que pensamos.

 

Hora e lugar 19:40 / Salón de Graos do Colexio de San Xerome, Praza do Obradoiro s/n
Relatores Belén Serrano Antón e Javier López Pedrares
Posto (filiación) Belén Serrano Antón (Investigadora en formación do CITMAga e investigadora predoutoral da USC, doutorado industrial) e Javier López Pedrares (Investigador en formación do CITMAga e investigador predoutoral da USC)
Título da charla "Mategami"
Breve resumo

O origami é un tipo de arte orixinario de Xapón. Consiste na formación de figuras mediante dobraduras de papel, sen cortes. Nesta actividade descubriremos algúns dos principios matemáticos que hai detrás desta técnica, así como algunhas aplicacións da mesma.

​​​​​

  • Charlas en Vigo


 

Hora e lugar 20:00 / UVIGO, Edificio das Redeiras
Relator Carlos Meniño Cotón
Posto (filiación) Investigador vinculado do CITMAga, Axudante Doutor no Departamento de Matemática Aplicada da UVIGO
Título da charla "Topoloxía, datos e os segredos de Pompeia"
Breve resumo

Introduciremos dende un punto de vista divulgativo as ideas fundamentais da análise topolóxica de datos e cómo estamos aplicando esas ideas para tentar descifrar os papiros cabonizados durante a erupción do Vesuvio (no 79 a.C.) e que sepultou as cidades de Pompeia e Herculano.

 

  • Charlas en A Coruña​​​​​​


 

Hora e lugar 18:20 / Salón de actos do MUNCYT,  A Coruña
Relator Ignacio García Jurado
Posto (filiación) Catedrático da UDC e investigador vinculado do CITMAga
Título da charla "¿Qué es y para qué sirve el valor de Shapley de un juego cooperativo?"
Breve resumo

Unha charla para todo tipo de público na que se explica que é un xogo cooperativo, como se define e se calcula o valor de Shapley, e cal é a importancia deste valor na intelixencia artificial.

 

Hora e lugar 18:40 / Salón de actos do MUNCYT,  A Coruña
Relator Xabier Pérez Couto
Posto (filiación) Investigador colaborador propio do CITMAga, Programa Investigo financiado pola Unión Europea Next Generation EU
Título da charla "Dúos dinámicos: o universo das estrelas dobres"
Breve resumo

Palestra sobre estrelas binarias, como se forman, como evolucionan, como interaccionan, e que importante información sobre o universo nos condece o estudo da súa dinámica.

 

  • Obradoiros realizados na UDC en colaboración CITMAga-UDC (Ferrol)


 

Hora e lugar De 10:00 a 20:30 / CITENI, Campus de Esteiro
Relatores Miguel Brozos Vázquez, Marco A. Campo Cabana, María José Pereira Sáez, María José Souto Salorio, Ana D. Tarrío Tobar
Posto (filiación)

Miguel Brozos Vázquez (Profesor Titular da UDC e investigador vinculado do CITMAga), Marco Campo Cabana (Profesor Titular da UDC e investigador vinculado do CITMAga), María José Pereira Sáez (Profesora Contratada Doutora da UDC e persoal investigador do CITMAga), María José Souto Salorio (Catedrática da UDC e investigadora vinculada do CITMAga) e Ana D. Tarrío Tobar (Catedrática da UDC e investigadora vinculada do CITMAga)

Título do obradoiro "Obradoiro: A forma do espazo cámbianos a vida"
Breve resumo

Neste obradoiro exploraremos como a forma do espazo determina algunhas das súas propiedades. Por exemplo, veremos como cambiando a forma podemos resolver problemas que eran imposibles.

 

Organizadores: • Universidade de Vigo (coordinadora) • Universidade de Santiago de Compostela • Universidade de A Coruña • CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia • Real Academia Galega das Ciencias • Xunta de Galicia • Instituto de Ciencias del Patrimonio • Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento • Centro Superior de Investigaciones Científicas CSIC • Instituto Español de Oceanografía • Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña (INIBIC) • CITMAga (Consorcio Centro de Investigación y Tecnología Matemática de Galicia).

 


 

Máis información en: GNIGHT – Noite Europea das Persoas Investigadoras


  • http://gnight.gal/