G-NIGHT: noite europea das persoas investigadoras
G-NIGHT: noite europea das persoas investigadoras
O último venres de setembro de 2024, o 27 de setembro, celebrarase na Coruña, en Santiago e en Vigo, e noutras cidades galegas, a “G-NIGHT: noite europea das persoas investigadoras”, un proxecto divulgativo no que colaboran as tres universidades galegas e outros organismos de investigación da comunidade autónoma. Este ano a G-Night en Galicia será un evento asociado á noite europea das persoas investigadoras de toda Europa.
A G-NIGHT busca achegar a figura das persoas investigadoras e da investigación á sociedade en xeral, prestando especial atención ás vocacións científicas. Esta xornada xirará arredor dun rico programa de actividades que terán lugar o venres 27 de setembro de 2024. Se estás interesado en participar presentando o teu proxecto na “G-NIGHT: noite europea das persoas investigadoras” podes contactar co CITMAga a través da seguinte ligazón (preme aquí).
Ademais, tamén é posible que as actividades se realicen en colaboración con outros centros de investigación ou outras entidades. Pódese enviar igualmente a información neste formulario e poñer en “observacións” a entidade coa que farás a colaboración na actividade.
As actividades da G-Night en Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol, tentaranse que sexan nas instalacións do ano pasado nestas cidades.
G-Night anteriores:
- Participación CITMAga (preme aquí)
- Participación ITMATI-CITMAga (preme aquí)
A “Noite Europea das Persoas Investigadoras” é un evento de divulgación científica que se celebra de maneira simultánea en cidades de toda Europa o último venres de setembro. O persoal investigador é o protagonista, mostrando a diversidade da ciencia e tecnoloxía e o seu impacto na vida da cidadanía. En breve toda a información estará actualizada na web da GNIGHT: https://gnight.gal/
Programación
-
Charlas en Vigo
Hora e lugar | 20:30 / Edificio Redeiras, Segundo andar - Aula 1 (Praza do Berbés). Vigo. |
Relatora | Noelia Bazarra García |
Posto (filiación) | Investigadora vinculada do CITMAga da UVigo. |
Título da actividade | "¿Pueden las matemáticas predecir una epidemia en plantas?" |
Breve resumo | Introduciremos unas ecuaciones para predecir como se trasmite una enfermedad en las plantas y veremos cómo es su progresión con el tiempo. ¿Podremos hacer algo para que no se expanda la epidemia? |
Hora e lugar | 20:30 / Edificio Redeiras, Segundo andar - Aula 1 (Praza do Berbés). Vigo. |
Relator | Carlos Meniño Cotón |
Posto (filiación) | Investigador vinculado do CITMAga da UVigo. |
Título da actividade | "A xeometría do son" |
Breve resumo | A clasificación automatizada de sons é relevante na nosa vida cotiá: detectar un idioma mentres se fala, detectar palabras faladas para o GPS do coche, cancelar ruído nuns auriculares, detección de temas musicais, etc. Nesta charla presentaremos as diferentes ferramentas matemáticas (excluíndo a aprendizaxe automática) que podemos usar para clasificar diferentes tipos de son: dende a transformada de Fourier ata a análise topolóxica de datos. Mostraremos como aplicar estas ferramentas a un problema de ornitoloxía: clasificar especies de paxaros en función do seu trino. |
-
Obradoiros en Vigo
Hora e lugar | 18:00 / Edificio Redeiras, Primeiro andar (Praza do Berbés). Vigo. |
Relatoras | Marta Pérez Rodríguez e Raquel Meaños Asensi |
Posto (filiación) | Marta Pérez Rodríguez (Investigadora vinculada do CITMAga da UVigo) e Raquel Meaños Asensi (Investigadora en formación do CITMAga da UVigo). |
Título da actividade | "Obradoiro: Os mapas enganan?" |
Breve resumo | O reto será buscar o camiño máis curto entre Santiago de Compostela e Hong Kong. Coa axuda dun globo terráqueo e un mapa descubriremos cal é o camiño máis curto e a explicación ó sorprendente resultado. |
Hora e lugar | 18:00 / Edificio Redeiras, Primeiro andar (Praza do Berbés). Vigo. |
Relatora | Sara Recondo Estévez |
Posto (filiación) | Investigadora en formación do CITMAga da UDC. |
Título da actividade | "Obradoiro: Xoga co son" |
Breve resumo | Pode un violín soar sen que ninguén o toque? Que fai que as cousas que nos rodean soen como soan? Fagamos algúns experimentos! Atrévete a participar nesta experiencia sonora e explora os curiosos comportamentos relacionados co son e as súas propiedades. |
-
Charlas en Santiago de Compostela
Hora e lugar | 17:00 / Salón de graos do Colexio San Xerome (Praza do Obradoiro). Santiago de Compostela. |
Relatora | Ana Belén Rodríguez Raposo |
Posto (filiación) | Investigadora vinculada do CITMAga da USC. |
Título da actividade | "Grupos para oír, ver e tocar" |
Breve resumo | Se pensamos na teoría de grupos, adoitamos pensar nunha abstracción matemática que se aplica a outras abstraccións matemáticas. E a pesar de que isto é certo, tamén pode aparecer en lugares tan dispares como a Alhambra de Granada ou o Canon de Pachelbel. Nesta charla poñeremos os lentes e os auriculares matemáticos, e veremos e escoitaremos a teoría de grupos en lugares que non sospeitabamos que se agochaba. |
Hora e lugar | 17:00 / Salón de graos do Colexio San Xerome (Praza do Obradoiro). Santiago de Compostela. |
Relator | Andrés Prieto Aneiros |
Posto (filiación) | Investigador vinculado do CITMAga da UDC. |
Título da actividade | "Ondas, ondiñas, e outras pequenas cousas..." |
Breve resumo | As ondas do mar, a luz, mesmo o ruído rúa, ou incluso eses chismes que nos contaron o outro día, teñen algo en común. Nesta charla veremos como é que as matemáticas son quen de buscarlles unha conexión e de predicir o seu comportamento. |
- Obradoiros en Santiago de Compostela
Hora e lugar | 18:00 / Claustro do Colexio de Fonseca. Santiago de Compostela. |
Relatoras | Marta Rodríguez Barreiro e Mª José Ginzo Villamayor |
Posto (filiación) | Marta Rodríguez Barreiro (Investigadora colaboradora do CITMAga) e Mª José Ginzo Villamayor (Investigadora vinculada do CITMAga da USC). |
Título da actividade | "Obradoiro: Matemáticas contra o lume" |
Breve resumo | Neste obradoiro, amosarase o uso das matemáticas na loita contra os lumes forestais. O desenvolvemento da actividade consistirá nunha breve descripción dos algoritmos realizados en CITMAga e a continuación unhas actividades para reforzar os conceptos da charla, adaptados ó tipo de público. |
Hora e lugar | 18:00 / Claustro do Colexio de Fonseca. Santiago de Compostela. |
Relatores | Javier López Pedrares, Belén Serrano Antón e Miguel Picos Maiztegui |
Posto (filiación) | Javier López Pedrares (Investigador en formación do CITMAga da USC), Belén Serrano Antón (Investigadora en formación do CITMAga da USC) e Miguel Picos Maiztegui (Investigador en formación do CITMAga da USC). |
Título da actividade | "Obradoiro sobre o origami" |
Breve resumo | A idea inicial serían obradoiros ou talleres nos que ensinar a presencia das matemáticas a traves do origami. |
Hora e lugar | 18:00 / Claustro do Colexio de Fonseca. Santiago de Compostela. |
Relatores | David Mosquera Lois, Óscar Rivero e Sebastián Buedo Fernández |
Posto (filiación) | David Mosquera Lois (Investigador colaborador do CITMAga), Óscar Rivero (Investigador vinculado do CITMAga da USC) e Sebastián Buedo Fernández (Investigador vinculado do CITMAga da USC). |
Título da actividade | "Os segredos das matemáticas máis discretas" |
Breve resumo | Propoñemos unha serie de actividades presenciais interactivas co público nas que exporemos e discutiremos algunhas das ideas da matemática discreta: dende o cifrado e descifrado de códigos, pasando polos problemas máis cotizados, ata as matemáticas agochadas en xogos para nenos. As actividades adaptaranse ao público. |
- Charlas en A Coruña
Hora e lugar | 20:20 / BAR ARNICA (rúa Herrerias 2). A Coruña. |
Relatora | María Vidal García |
Posto (filiación) | María Vidal García (Investigadora en formación do CITMAga da USC). |
Título da actividade | "E a min a estatística, de que me serve?" |
Breve resumo | Todos os días manexamos moitísimos datos e non temos problema para procesalos e extraer a información relevante sen aplicar nada de estatística. Entón, por que está tan de moda falar de ciencia de datos? Por que son necesarias tantas ferramentas novas para facer algo tan sinxelo? A resposta (alerta spoiler) é que extraer conclusións dásenos bastante peor do que pensamos. |
Hora e lugar | 20:00 / MUNCYT. A Coruña. |
Relatora | Raquel Taboada Vázquez |
Posto (filiación) | Raquel Taboada Vázquez (Investigadora vinculada do CITMAga da UDC). |
Título da actividade | "Simulación numérica, más útil que una navaja suiza" |
Breve resumo | Una charla en la que explica qué es la simulación numérica, sus orígenes y algunas de sus muchas aplicaciones. |
- Obradoiros en Ferrol
Hora e lugar | 10:00 / CITENI, Campus Esteiro, Ferrol. |
Relatores | Miguel Brozos Vázquez, Marco A. Campo Cabana, María José Pereira Sáez, María José Souto Salorio, Ana D. Tarrío Tobar, Álvaro de la Puente Mariño, José Baamonde González e Edgar Omar Velasco Páez |
Posto (filiación) | Miguel Brozos Vázquez (Investigador vinculado do CITMAga da UDC), Marco Campo Cabana (Investigador vinculado do CITMAga da UDC), María José Pereira Sáez (Investigadora vinculada do CITMAga da UDC), María José Souto Salorio (Investigadora vinculada do CITMAga da UDC), Ana D. Tarrío Tobar (Investigadora vinculada do CITMAga da UDC), Álvaro de la Puente Mariño (Universidade da Coruña), José Baamonde González (Universidade da Coruña) e Edgar Omar Velasco Páez (Universidad Nacional Autónoma de México). |
Título da actividade | "Obradoiro de Matemáticas" |
Breve resumo | Obradoiro de Matemáticas: mediante material manipulativo traballaranse diferentes conceptos relacionados con grafos, superficies regradas e algunhas curvas distinguidas. |