G-NIGHT: noite europea das persoas investigadoras

26 Set 2025
18:00
CITMAga

O último venres de setembro de 2025, o 26 de setembro, celebrarase en Lugo, Ferrol, en Santiago de Compostela e en Vigo, e noutras cidades galegas, a “G-NIGHT: noite europea das persoas investigadoras”, un proxecto divulgativo no que colaboran as tres universidades galegas e outros organismos de investigación da comunidade autónoma. Este ano a G-Night en Galicia será un evento asociado á noite europea das persoas investigadoras de toda Europa.

A G-NIGHT busca achegar a figura das persoas investigadoras e da investigación á sociedade en xeral, prestando especial atención ás vocacións científicas. Esta xornada xirará arredor dun rico programa de actividades que terán lugar o venres 26 de setembro de 2025

 

G-Night anteriores:

A “Noite Europea das Persoas Investigadoras” é un evento de divulgación científica que se celebra de maneira simultánea en cidades de toda Europa o último venres de setembro. O persoal investigador é o protagonista, mostrando a diversidade da ciencia e tecnoloxía e o seu impacto na vida da cidadanía. En breve toda a información estará actualizada na web da GNIGHT: https://gnight.gal/

 

Programación

 

  • Charlas en Vigo

Hora e lugar Edificio Redeiras, Segundo andar - Aula 1 (Praza do Berbés). Vigo.
Relator Juan Vidal Puga
Posto (filiación) Investigador vinculado do CITMAga da UVigo.
Título da actividade "Charla: A teoría de xogos na xestión do tráfico urbano"
Breve resumo

Cada vehículo nunha via ten o seu propio interese: chegar ao seu destino o máis rápido posible. Non obstante, a toma de decisións dun vehículo afecta aos outros. Se todos os vehículos toman decisións individualistas sen ter en conta aos demais, isto pode provocar atascos e conxestión. A teoría de xogos pode axudar a modelar estes comportamentos e anticipar os equilibrios de Nash, onde ningún xogador ten un incentivo para cambiar a súa estratexia dadas as decisións dos demais.    

 

  • Obradoiros en Vigo​​​​

Hora e lugar 17:00 / Edificio Redeiras, Primeiro andar (Praza do Berbés). Vigo.
Relatoras Marta Pérez Rodríguez e Raquel Meaños Asensi
Posto (filiación) Marta Pérez Rodríguez (Investigadora vinculada do CITMAga da UVigo) e Raquel Meaños Asensi (Investigadora en formación do CITMAga da UVigo).
Título da actividade "Obradoiro: Cóntacho unha espía"
Breve resumo

O obradoiro "Cóntacho unha espía" permitíranos entender o sistema de cifrado que empregaba Julio César nas súas conquistas, así como o papel das matemáticas no cifrado e descifrado de mensaxes. Experimentáranse os roles de César, soldado romano e espía celta na comunicación, ademáis de construir unha máquina de cifrado.  

 

Hora e lugar 17:00 / Edificio Redeiras, Primeiro andar (Praza do Berbés). Vigo.
Relatores Noelia Bazarra, José Ramón Fernández García, Teresa Sánchez e Javier Torres
Posto (filiación)

Noelia Bazarra García (Profesora Axudante Doutora da UVigo e investigadora vinculada do CITMAga), Teresa Sánchez Rúa (Profesora Axudante Doutora da Uvigo e investigadora vinculada do CITMAga), José Ramón Fernández García (Catedrático de Universidade da Uvigo e investigador vinculado do CITMAga) e Javier Torres Martínez (Profesor Titular da UVigo e investigador vinculado do CITMAga).

Título da actividade "Obradoiro: Xogando ca Intelixencia Artificial"
Breve resumo

Neste obradoiro os participantes poderán ver algúns usos lúdicos da Intelixencia Artificial, asi como distintas formas de interactuar con ela.

 

  • Charlas en Santiago de Compostela​​​​​

 

Hora e lugar 16:30 / Salón de graos do Colexio San Xerome (Praza do Obradoiro). Santiago de Compostela.
Relatores Óscar Rivero Salgado e Javier Polo Noche
Posto (filiación) Óscar Rivero Salgado (profesor axudante doutor da USC e investigador vinculado do CITMAga) e Javier Polo Noche (investigador predoutoral da USC).
Título da actividade "Charla: Ecuacións diofantianas: como Grecia abriu o mundo da teoría da números"
Breve resumo

A presentación fará un percorrido histórico polas ecuacións diofantianas, desde Euclides ata Andrew Wiles e a demostración do último teorema de Fermat. Explicaremos, dun xeito divulgativo, algúns métodos de resolución e reflexionaremos sobre a relevancia destes problemas na matemática contemporánea. | A actividade realizárase en colaboración con MaEGA (Asociación Galega de Estudantes de Matemáticas).

​​​​​

Hora e lugar 17:00 / Salón de graos do Colexio San Xerome (Praza do Obradoiro). Santiago de Compostela.
Relator Alejandro Majadas Moure
Posto (filiación) Investigador en formación do CITMAga da USC.
Título da actividade "Charla: Construción de superficies mediante pegados"
Breve resumo

Nesta charla se introducirán esquemas de pegado e se construirán superficies con eles mediante follas de papel.    

 

Hora e lugar 17:20 / Salón de graos do Colexio San Xerome (Praza do Obradoiro). Santiago de Compostela.
Relator Ángel Pita da Veiga Ramonde
Posto (filiación) Contratado/a Interino/a da USC.
Título da actividade "Charla: Por que empregamos simulacións para construír mellor?"
Breve resumo

A simulación numérica é unha ferramenta realmente útil en numerosas aplicacións, especialmente na Enxeñaría. Nesta charla explicaremos en que consiste e como se pode aplicar á optimización de estruturas.

​​​​​

Hora e lugar 17:40 / Salón de graos do Colexio San Xerome (Praza do Obradoiro). Santiago de Compostela.
Relator Ibai Otero Gómez
Posto (filiación) Alumno de 5º do Dobre Grao en Matemáticas e Física da USC.
Título da actividade "Charla: Onde nos leve a curiosidade: a revolución de Galois"
Breve resumo

Nesta charla exploramos como a curiosidade é o motor crucial do pensamento matemático. A través da vida de Évariste Galois, descubrimos como unha simple pregunta levou a unha revolución na comprensión das ecuacións. Unha homenaxe a quen fixo da curiosidade a súa inspiración e que soubo abrir camiños no descoñecido, mesmo sen tempo para percorrelos. | A actividade realizárase en colaboración con MaEGA (Asociación Galega de Estudantes de Matemáticas).    

 

​​​​​

  • Obradoiros en Santiago de Compostela​​​​​
Hora e lugar 18:00 / Claustro do Colexio de Fonseca. Santiago de Compostela.
Relatoras Marta Rodríguez Barreiro e Mª José Ginzo Villamayor
Posto (filiación) Marta Rodríguez Barreiro (Investigadora colaboradora do CITMAga) e Mª José Ginzo Villamayor (Investigadora vinculada do CITMAga da USC).
Título da actividade "Obradoiro: Apagando lumes con números"
Breve resumo

Desenvolverase un obradoiro para explicar de forma práctica o noso traballo no CITMAga no que desenvolvemos algoritmos para axudar na xestión dos incendios forestais.

 

Hora e lugar 18:00 / Claustro do Colexio de Fonseca. Santiago de Compostela.
Relatores Sebastián Buedo Fernández, Javier López Pedrares, David Mosquera Lois, Miguel Picos Maiztegui e Belén Serrano Antón
Posto (filiación)

Sebastián Buedo Fernández (profesor axudante doutor da USC e investigador vinculado do CITMAga), Javier López Pedrares (USC. Colaborador do CITMAga), David Mosquera Lois (Profesor axudante doutor da UVigo. Colaborador do CITMAga), Miguel Picos Maiztegui (investigador colaborador do CITMAga) e Belén Serrano Antón (USC. Colaboradora do CITMAga).

Título da actividade "Obradoiro: Xogando coas mates"
Breve resumo

Propóñense unha serie de xogos e retos interactivos relacionados coas matemáticas. En particular, procurarase achegar ao público ao razoamento matemático e as verdades que deste se derivan (teoremas) desde a experimentación con construcións, figuras xeométricas, algoritmos ou mesmo... cun papel e bolígrafo!

 

Hora e lugar 18:00 / Claustro do Colexio de Fonseca. Santiago de Compostela.
Relatores

Raúl Alvite Pazó, Samuel Alvite Pazó, Isaac Carcacía Campos, Víctor Cora Calvo, Paula Cambeses Franco, Ángel Cidre Díaz, Alejandro Omar Majadas Moure e Ángel Méndez Vázquez

Posto (filiación)

Raúl Alvite Pazó (Investigador en formación do CITMAga da USC), Samuel Alvite Pazó (Investigador en formación do CITMAga da USC), Isaac Carcacía Campos (Investigador en formación do CITMAga da UVigo), Víctor Cora Calvo (Investigador en formación do CITMAga da USC), Paula Cambeses Franco (Investigadora en formación do CITMAga da USC), Ángel Cidre Díaz (Investigador en formación do CITMAga da USC), Alejandro Omar Majadas Moure (Investigador en formación do CITMAga da USC) e Ángel Méndez Vázquez (USC).

Título da actividade "Obradoiro: Abracadabra Matemática"
Breve resumo

O noso obradoiro consistirá nun conxunto de actividades presenciais que fomentarán a aprendizaxe activa da álxebra e a xeometría. Disporemos de distintos xogos e puzzles cos cales pasaremos un bo rato mentres aprendemos matemáticas. Dende trucos con aritmética modular ata invariantes de figuras xeométricas, pasando por combinatoria e outros conceptos que poden aparecer na vida cotiá. As actividades adaptaranse ao público. 

 

  • Charlas en Lugo
Hora e lugar 18:00 / Praza de Abastos. Lugo.
Relatora Beatriz Álvarez Díaz
Posto (filiación) Profesora Axudante Doutora da UDC.
Título da actividade "Obradoiro: Cóntacho unha piloto"
Breve resumo

Empregando un globo terráqueo inchable e unha cinta métrica, planificarase unha viaxe comprobando empiricamente que ás veces os mapas nos enganan e non serven para calcular correctamente as distancias máis curtas.   

​​

  • Obradoiros en Ferrol​​​​
Hora e lugar 10:00 / CITENI, Campus Esteiro, Ferrol.
Relatores

Ana Tarrío Tobar, María José Souto Salorio, María José Pereira Sáez, Marco Campo Cabana, Ana Belén Rodríguez Raposo e Miguel Brozos Vázquez

Posto (filiación)

Ana Tarrío Tobar (Catedrática de Universidade da UDC e investigadora vinculada do CITMAga), María José Souto Salorio (Catedrática de Universidade da UDC e investigadora vinculada do CITMAga), María José Pereira Sáez (Profesora contratada doutora da UDC e investigadora vinculada do CITMAga), Marco Campo Cabana (Profesor Titular da UDC e investigador vinculado do CITMAga), Miguel Brozos Vázquez (Profesor Titular da UDC e investigador vinculado do CITMAga) e Ana Belén Rodríguez Raposo (Profesora contratada doutora da USC e investigadora vinculada do CITMAga).

Título da actividade "Obradoiro de Matemáticas"
Breve resumo

Exploramos Matemáticas con material manipulable para descubrir que é un grafo e como nos permite simplificar problemas, ou como podemos facer superficies que se curvan usando liñas rectas.