G-NIGHT, Noite europea das persoas investigadoras en Galicia

luns, 05 set. 2022


O último venres de setembro de 2022, o 30 de setembro, celebrarase na Coruña, en Ferrol, en Santiago, en Lugo, en Pontevedra, en Vigo e en Ourense a “G-NIGHT: noite europea das persoas investigadoras”, un proxecto divulgativo no que colaboran as tres universidades, o CESGA, CITMAga e outros organismos de investigación. Este ano a G-Night en Galicia será un evento asociado á noite europea das persoas investigadoras de toda Europa. Dende o centro participaremos con charlas breves no ciclo “Matemáticas para a Terra, o mar e a vida" e nos Obradoiros realizados na UDC en colaboración CITMAga-UDC.

“Matemáticas para a Terra, o mar e a vida": ciclo de charlas sobre divulgación científica e investigación en matemáticas para poñer en valor esta ciencia ou disciplina para espertar novas vocacións matemáticas nos máis novos (na mocidade). Charlas curtas de 15-20 minutos de duración. As charlas en Santiago de Compostela, terán lugar no Salón de Graos do Colexio de San Xerome, Praza do Obradoiro s/n, as charlas en Vigo serán na  Praza do Berbés no Edificio Redeiras, estas charlas serán en salas habilitadas para a G-NIGHT neses edificios, a partir das 18:00 h do venres 30 de setembro. Ademais o CITMAga realizará obradoiros en colaboración coa UDC na cidade de Ferrol, os cales se celebrarán no Campus de Esteiro.

A Noite Europea das Persoas Investigadoras é un evento de divulgación científica que se celebra de maneira simultánea en cidades de toda Europa o último venres de setembro. O persoal investigador é o protagonista, mostrando a diversidade da ciencia e tecnoloxía e o seu impacto na vida da cidadanía. En breve toda a información está actualizada na web da G-NIGHT: https://gnight.gal/


 

Charlas:  “Matemáticas para a Terra, o mar e a vida"

  • Charlas en Santiago de Compostela 

Hora e lugar 18:00 / Salón de Graos do Colexio de San Xerome, Praza do Obradoiro s/n
Relator Mª José Ginzo Villamayor
Posto (filiación) Universidade de Santiago de Compostela, colaboradora do CITMAga.
Título da charla As matemáticas unha ferramenta para a loita contra os incendios forestais
Breve resumo Nesta charla presentarase a experiencia de CITMAga en diferentes proxectos relacionados cos incendios forestais desde 2013. O obxectivo xeral destes proxectos é o desenvolvemento dun sistema experto para a monitorización e xestión dos recursos implicados na extinción dun incendio forestal e para axudar á toma de decisións dos responsables.

 

Hora e lugar 18:20 / Salón de Graos do Colexio de San Xerome, Praza do Obradoiro s/n
Relator María Isabel Borrajo García
Posto (filiación) Investigadora vinculada a CITMAga da USC, Axudante Doutora no Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da USC
Título da charla "A Estatística e o azar nas probas da COVID-19"
Breve resumo “As probas rápidas mercadas a China non acadan nin o 30% de sensibilidade”. Titulares coma este correron como a pólvora por todo o país entre finais de marzo e comezos de abril do 2020. O do 30% soaba a pouco e mal, pero... que hai detrás? Sabemos que é iso da sensibilidade, como  se calcula ou para que serve? E se a túa proba é positiva, sabemos que quere dicir? Nesta charla queremos axudarche a entender un pouco máis as  matemáticas tras todos estes datos e conceptos, e a súa interpretación.

Hora e lugar 18:40 / Salón de Graos do Colexio de San Xerome, Praza do Obradoiro s/n
Relator Tomás Otero Casal
Posto (filiación) Investigador predoutoral FPU – CITMAga – Universidade de Santiago de Compostela
Título da charla "¿Cantos buracos ten unha camiseta?"
Breve resumo Algunha vez te preguntaches cantos buracos ten unha camiseta? Tres, catro, ou quizais dous? Por absurda que pareza, esta pregunta é de certa relevancia na matemática moderna. Para explicar o porqué, definiremos o que é un buraco para un matemático, e como os podemos contar dende o punto de vista da topoloxía.

 

  • Charlas en Vigo 
Hora e lugar 19:00 / Edificio Redeiras, Praza do Berbés
Relator Juan Vidal Puga
Posto (filiación) Investigador vinculado a CITMAga da UVigo. Profesor titular de universidade, Departamento Estatística e investigación operativa da UVigo.
Título da charla Fomento da cooperación na prevención de inundacións en concas fluviais.
Breve resumo Aplicamos o concepto de núcleo en xogos cooperativos para estudar como os propietarios de terras poden ser incentivados para cambiar o uso dos seus terreos con obxecto de previr inundacións.

 

Hora e lugar 19:20 / Edificio Redeiras, Praza do Berbés
Relator Sara Recondo
Posto (filiación) Investigadora en formación de CITMAga. Investigadora predoutoral da UDC. Investigadora de doutoramento industrial en Marine Instruments.
Título da charla Atúns fantásticos e onde atopalos.
Breve resumo E se souberas que os atuneros reciben información sobre onde, cando e canto pescar en cada momento? … que se é por arte de maxia? Ven e descúbreo ti mesmo!

 


 

Obradoiros realizados na UDC en colaboración CITMAga-UDC

  • Obradoiros en Ferrol

Hora e lugar De 10:00 a 20:30  / 3ª andar do CITENI, Campus de Esteiro
Relator Miguel Brozos Vázquez, Marco A. Campo Cabana, María José Pereira Sáez, María José Souto Salorio, Ana D. Tarrío Tobar.
Posto (filiación) Camiños curtos, camiños rápidos e camiños imposibles.
Título da charla Investigadores vinculados a CITMAga da UDC.
Breve resumo Neste obradoiro utilizaremos material manipulable para explorar propiedades de distintas curvas: veremos como as xeodésicas minimizan a distancia entre dous puntos, veremos como é a forma do tobogán máis rápido que se pode construír,  e veremos como utilizar grafos para resolver problemas ou... descubrir que hai camiños que resultan imposibles!
Información adicional

Sesións escolares de 10 a 13.00h. Inscrición previa requerida no correo comunicación.cit@udc.ga

Sesións abertas ao público xeral de 17 a 20.30 h. Entrada libre ata completar capacidade. Reserva a túa en: http://citeni_udc.eventbrite.com

 

ORGANIZADORES


  • O proxecto Galician Night of Researchers é un evento asociado a MSCA e Cidadanía, unha iniciativa da Unión Europea financiada por Marie Skłodowska Curie actions. Identificador da convocatoria HORIZON-MSCA-2022-CITIZENS-01 (Marie Skłodowska-Curie actions European Resear ​