G-NIGHT, Noite europea das persoas investigadoras en Galicia

Lun, 20 Feb 2023 10


O 30 de setembro de 2022 celébrase en Galicia a Noite Europea das persoas Investigadoras (G-NIGHT), un evento de divulgación científica que se celebra simultaneamente en cidades de toda Europa, e no que participará o CITMAga. En Galicia celebrarase nas sete cidades galegas mediante un proxecto divulgativo no que colaboran as tres universidades, CESGA, CITMAga e outros organismos de investigación.

A G-NIGHT e busca achegar a figura do investigador e da investigación á sociedade en xeral, prestando especial atención ás vocacións científicas. Esta xornada xirará arredor dun rico programa de actividades que terán lugar o venres 30 de setembro a partir das 18.00 horas baixo o lema “Conciencias Creativas”, a actividade do CITMAga estará presente nas seguintes actividades. Dende o centro participaremos con charlas breves no ciclo: “Matemáticas para a Terra, o mar e a vida” e nos obradoiros realizados na UDC en colaboración co CITMAga-UDC.

“Matemáticas para a Terra, o mar e a vida”: un ciclo de charlas de divulgación científica e investigación en matemáticas para poñer en valor esta ciencia ou disciplina para espertar novas vocacións matemáticas nos máis novos. 

 

Programa: “Matemáticas para a Terra, o mar e a vida"

 

  • Charlas en Santiago de Compostela


 

Hora e lugar 18:00 / Salón de Graos do Colexio de San Xerome, Praza do Obradoiro s/n
Relator Mª José Ginzo Villamayor
Posto (filiación) Universidade de Santiago de Compostela, colaboradora do CITMAga
Título da charla “As matemáticas unha ferramenta para a loita contra os incendios forestais”

 

Hora e lugar 18:20 / Salón de Graos do Colexio de San Xerome, Praza do Obradoiro s/n
Relator María Isabel Borrajo García
Posto (filiación) Investigadora vinculada a CITMAga da USC, Axudante Doutora no Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da USC
Título da charla "A Estatística e o azar nas probas da COVID-19"

 

Hora e lugar 19:00 / Salón de Graos do Colexio de San Xerome, Praza do Obradoiro s/n
Relator Tomás Otero Casal
Posto (filiación) Investigador predoutoral FPU – CITMAga – Universidade de Santiago de Compostela
Título da charla "¿Cantos buracos ten unha camiseta?"

 

  • Charlas en Vigo

Hora e lugar 19:00 / UVIGO, Edificio das Redeiras
Relator Tomás Otero Casal
Posto (filiación) Investigador predoutoral FPU – CITMAga – Universidade de Santiago de Compostela
Título da charla "¿Cantos buracos ten unha camiseta?"

 

Hora e lugar 19:20 / UVIGO, Edificio das Redeiras
Relator Sara Recondo
Posto (filiación) Investigadora en formación de CITMAga. Investigadora predoutoral da UDC. Investigadora de doutoramento industrial en Marine Instruments
Título da charla "Atúns fantásticos e onde atopalos"

 

  • Obradoiros realizados na UDC en colaboración CITMAga-UDC

Hora e lugar De 10:00 a 20:30 / 3ª andar do CITENI, Campus de Esteiro
Relatores Miguel Brozos Vázquez, Marco A. Campo Cabana, María José Pereira Sáez, María José Souto Salorio, Ana D. Tarrío Tobar
Posto (filiación) Persoal investigador vinculado ao CITMAga
Título do obradoiro "Camiños curtos, camiños rápidos e camiños imposibles"


  • Máis información: https://gnight.gal/