Ignacio García Jurado

Estatística e Investigación Operativa
Researcher ID
K-7834-2014
Código ORCID
0000-0002-6681-1629
Especialista en teoría de xogos i en modelos de investigación de operacións con múltiples axentes. Desde que me doutorei con premio extraordinario na USC (1989), escribín ao redor de 80 artigos en libros e revistas de difusión internacional, fun coautor de 6 libros e monografías, e liderei máis de 20 proxectos e contratos de investigación financiados en convocatorias competitivas. Con máis de 35 anos de experiencia universitaria, son Catedrático de Universidade do Departamento de Matemáticas (UDC), conto con 5 sexenios consecutivos en investigación e con 1 sexenio de transferencia, e dirixín 15 tese doutorais. Fun investigador visitante nas universidades de Bonn, Nijmegen, Tilburg e Xénova, e conferenciante invitado e membro do comité de programa de numerosos congresos nacionais e internacionais. Fun presidente da SGAPEIO e da SEIO, membro do comité científico da RSME, director do departamento de Estatística e Investigación Operativa da USC e membro do Consello Galego de Estatística. Actualmente son editor asociado das revistas TOP e Mathematical Methods of Operations Research, e membro do panel de matemáticas da AEI.
Programa de investigación:
M4 Ciencia e Coñecemento. Análise matemática de datos, M4 Sociedade Dixital. Sistemas intelixentes, M4 Competitividade Industrial. Modelización matemática para a industria, M4 Competitividade Industrial. Produción e xestión eficientes