Indicadores bibliométricos e avaliación científica: crónica dun perigoso desencontro

03 Xul 2024
12:00
Aula Magna da Facultade de Matemáticas (USC) e online
CITMAga

"Indicadores bibliométricos e avaliación científica: crónica dun perigoso desencontro", organizado por CITMAga. Será impartido por Domingo Docampo (Universidade de Vigo).

Data: Mércores 3 de xullo de 2024.

Hora: 12:00 h.

Duración: 1 hora.

Lugar: Aula Magna da Facultade de Matemáticas (USC), ou ben online a través do enlace Teams Meeting.

Abstract:

Sendo a bibliometría unha das ciencias máis sombrías, xa que trata de contar e medir o que dificilmente se pode contar, permite, non obstante, achegarnos ao coñecemento das traxectorias científicas tanto de investigadores individuais como de institucións ou países. Constitúe unha ferramenta útil nos procesos de selección, retención e promoción, cando se usa con criterio. Nesta presentación centrareime nun dos indicadores que tradicionalmente foi considerado un marcador de prestixio investigador, o selo Top 1%, que se aplica a aqueles traballos que se atopan entre o 1% máis citado entre os do seu ano de publicación e a súa categoría dentro da Web of Science. Presentarei información relevante sobre a perda de valor deste indicador, estudando a súa evolución en institucións de referencia, e documentando a desaparición da categoría Matemáticas da lista de investigadores altamente citados que elabora anualmente Clarivate Analytics. A aparición nos últimos anos de revistas científicas que coa súa abundancia tanto de artigos como de citas contribuíron a enredar datos bibliométricos co conseguinte deterioro da súa función orientadora non é allea aos feitos que se pretende documentar.