Introdución á programación multiobxectivo
Introdución á programación multiobxectivo
"Introdución á programación multiobxectivo", impartido por Jorge Rial Fondo (Área de Estatística e Investigación Operativa).
Data: 26 de febreiro de 2025.
Hora: 17:00h.
Lugar: Salón de Graos, Facultade de Matemáticas (USC).
Abstract:
Como se pode “minimizar” unha función con espazo de chegada real de máis dunha dimensión, ao non haber orde total? Este é un dos obxectivos da programación multiobxectivo, cuxa orixe vén dos traballos de Wilfredo Pareto e que se foi formalizando a mediados do século XX. As solucións deste problema serán os puntos eficientes (de Pareto) onde, nun contexto social ou económico no que se traballe con individuos, “ningún individuo pode saír beneficiado sen que outro saia prexudicado”.
Na charla analizarase con profundidade este concepto para poder explicar os algoritmos de resolución de problemas desta índole. Entre eles estarán o método dos pesos ponderados, método de épsilon-restricións... que se ilustrarán mediante un exemplo sinxelo común. Finalmente, mostrarase a implementación do método símplex multiobxectivo na linguaxe de programación R, especialmente recomendado para problemas multiobxectivo lineais (MOLPs).