Jacobo de Uña

Estatística e Investigación Operativa
Researcher ID
K-5667-2014
Código ORCID
0000-0002-4686-8417
A miña liña principal de investigación é a estatística non paramétrica. Isto inclúe estimación non paramétrica de curvas, teoría asintótica, métodos de remostraxe e contrastes de bondade de axuste. En particular, moita desta investigación está enfocada na Análise de Supervivencia, onde xorden estruturas de datos complicadas. Outro eido de aplicación da estatística non paramétrica son os datos de alta dimensión; aquí estou interesado en problemas de contrastes, así coma en procedementos de comparacións múltiples. Ademais desta actividade en investigación básica, teño interese e experiencia en aplicacións da estatística á analítica de datos, a enxeñaría, os sistemas intelixentes e a biomedicina.
Programa de investigación:
M4 Ciencia e Coñecemento. Análise matemática de datos, M4 Sociedade Dixital. Sistemas intelixentes, M4 Vida e Sostibilidade. Bioestatística e Biomatemáticas, M4 Competitividade Industrial. Modelización matemática para a industria