Jesús Antonio Álvarez López

Universidad
Universidade de Santiago de Compostela
Área
Xeometría e Topoloxía
Researcher ID
C-7891-2011
Código ORCID
0000-0001-6056-2847

Catedrático (USC, Xeometría e Topoloxía). O meu doutorado foi un estudo cohomolóxico das foliacións riemannianas (1987, USC). Logo, tiven unha beca Fulbright na Universidade de Illinois, Urbana-Champaign (1988-1990), e a miña investigación tomou varias direccións con bastantes colaboradores. Primeiro, demostramos que o fluxo da calor ao longo das follas das foliacións riemannianas conserva a diferenciabilidade na variedade ambiente nun tempo infinito. A súa principal consecuencia foi unha fórmula da traza para fluxos foliados. Recentemente logrouse extender esa fórmula da traza a foliacións non riemannianas. Segundo, extendimos as propiedades das foliacións riemannianas a espazos foliados equicontinuos. Terceiro, extendimos a proba analítica de Witten das desigualdades de Morse a espazos estratificados. Cuarto, estudamos foliacións simplécticas. Durante os últimos 10 anos, fun coautor de 18 artigos, 1 libro, 1 capítulo dun libro, 4 preprints aceptados para publicación, 3 preprints publicados en arXiv e un preprint moi extenso está case listo.


Programa de investigación:

M4 Ciencia e Coñecemento. Dinámica e fenómenos complexos, M4 Ciencia e Coñecemento. Estruturas naturais