Jorge Rodríguez López

Universidad
Universidade de Santiago de Compostela
Área
Análise Matemática
Researcher ID

Código ORCID
0000-0002-8453-4397

Especialista en Análise Matemática. Dende que me doutorei, con premio extraordinario e mención internacional, na Universidade de Santiago de Compostela (2020), son autor ou co-autor de máis dunha vintena de artigos de investigación publicados en revistas de prestixio internacional, así como da monografía titulada "Degree theory for discontinuous operators. Applications to discontinuous differential equations" publicada por RSME Springer Series en 2021. Ademais, son membro do grupo de investigación Ecuacións diferenciais non lineares da USC. Actualmente son Profesor Permanente Laboral no Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización (USC). A miña investigación céntrase nas ecuacións diferenciais ordinarias, con énfase nas ecuacións con descontinuidades, así como nos métodos topolóxicos e a teoría de punto fixo.


Programa de investigación:

M4 Ciencia e Coñecemento. Dinámica e fenómenos complexos