José Manuel Rodríguez

Matemática Aplicada
Researcher ID
D-1553-2012
Código ORCID
0000-0001-6597-2909
A miña carreira académica e investigadora iníciase coa Licenciatura de Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela en 1990, onde obteño o grao de Doutor en 1994. En outubro de 1993 incorpórome á Universidade da Coruña, na que son profesor desde entón, ocupando unha praza de Profesor Titular de Universidade desde o 16/3/1995. A miña actividade investigadora centrouse no estudo das ecuacións en derivadas parciais, en especial aqueles casos nos que unha das dimensións do dominio é moito menor que as demais (o que permite transformar o problema orixinal nun problema de perturbación singular). Utilizando esta técnica traballei en diversos problemas de mecánica de medios continuos (vigas, placas, láminas, augas someras, fluxos en tubos, etc.). Durante este tempo participei en varios proxectos de investigación (en catro deles como investigador principal) e publiquei numerosos artigos en revistas internacionais. Tamén dirixín dúas teses de doutoramento. Actualmente son coordinador do Grupo de Investigación da Universidade da Coruña “Grupo de modelización e resolución de modelos”.
Programa de investigación:
M4 Ciencia e Coñecemento. Dinámica e fenómenos complexos, M4 Vida e Sostibilidade. Entendendo a contorna e o cambio climático, M4 Competitividade Industrial. Modelización matemática para a industria