José María Alonso

Estatística e Investigación Operativa
Researcher ID
K-8690-2014
Código ORCID
0000-0002-8723-1404
Con máis de 25 anos de experiencia universitaria, son Catedrático no Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización na Universidade de Santiago de Compostela. A miña investigación céntrase no estudo de solucións para diferentes modelos de xogos cooperativos, tanto dende o punto de vista axiomático como propoñendo métodos de cálculo. Escribín ao redor de 50 artigos en libros e revistas de difusión internacional e dirixín 3 teses doutorais. Nas miñas contribucións máis recentes temos proposto caracterizacións axiomáticas de índices de poder para xogos de maioría ponderada, temos demostrado a equivalencia de diferentes regras para problemas de árbores de mínimo custo con grupos, proposto métodos de cálculo baseados en funcións xeratrices para xogos cun número elevado de axentes e temos estendido solucións igualitarias para xogos con estrutura de niveis.
Programa de investigación:
M4 Ciencia e Coñecemento. Análise matemática de datos, M4 Vida e Sostibilidade. Rumbo á sostibilidade