Julio González

Estatística e Investigación Operativa
Researcher ID
Código ORCID
0000-0002-4667-4348
Especialista en Optimización Matemática e Teoría de Xogos. Profesor Titular do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Facultade de Matemáticas da USC, na que fun Coordinador do Máster en Técnicas Estatísticas (2020-2023). A miña principal liña de investigación é a optimización polinómica, centrada no estudo das técnicas de optimización global. Son o responsable do equipo de desenvolvemento de RAPOSa, un optimizador global de problemas polinómicos (dispoñible de balde en https://raposa.usc.es/). Ademais, estou activo noutros campos como a identificación de parámetros en problemas de control, a optimización multinivel e a teoría de xogos. De xeito transversal, estou moi interesado no impacto das técnicas de aprendizaxe automática/estatística na miña investigación. Teño unha ampla experiencia en transferencia, colaborando con empresas na resolución de problemas de optimización que xorden nos seus procesos produtivos. Levo máis de dez anos liderando colaboracións arredor da xestión eficiente dos recursos para empresas do sector enerxético como Reganosa e Repsol, referentes a nivel autonómico e nacional, respectivamente.
Programa de investigación:
M4 Ciencia e Coñecemento. Dinámica e fenómenos complexos, M4 Ciencia e Coñecemento. Análise matemática de datos, M4 Sociedade Dixital. Sistemas intelixentes, M4 Sociedade Dixital. Computación, aprendizaxe e seguridade, M4 Competitividade Industrial. Modelización matemática para a industria, M4 Competitividade Industrial. Algoritmos e computación de altas prestacións, M4 Competitividade Industrial. Produción e xestión eficientes