Lucía López Somoza

Universidad
Universidade de Santiago de Compostela
Área
Análise Matemática
Researcher ID
V-8196-2017
Código ORCID
0000-0002-9167-0709

Investigadora en ecuacións diferenciais non lineais. Dende que me doutorei (premio extraordinario) na USC en 2019 son membro do grupo de investigación EDNL. Son Profesora Permanente Laboral na área de Análise Matemática no Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización. A miña investigación céntrase no estudo da existencia, así como da unicidade e multiplicidade, de solucións de ecuacións diferenciais funcionais non lineais, empregando para iso métodos topolóxicos e teoría de puntos fixos.


Programa de investigación:

M4 Ciencia e Coñecemento. Dinámica e fenómenos complexos