Métodos de ensamblado: Como conseguir que o traballo en equipo acade mellores resultados?
Métodos de ensamblado: Como conseguir que o traballo en equipo acade mellores resultados?
"Métodos de ensamblado: Como conseguir que o traballo en equipo acade mellores resultados?", impartido por Antón Gómez López (Área de Estatística e Investigación Operativa).
Data: 6 de novembro de 2024.
Hora: 17:00h.
Lugar: Salón de Graos, Facultade de Matemáticas (USC).
Abstract:
Os ensembles ou métodos de ensamblado baséanse na combinación de múltiples clasificadores para realizar unha predición conxunta. Estes métodos xurdiron a finais do século XX como unha evolución dos clasificadores individuais, co propósito de superar as limitacións destes e mellorar a súa exactitude.
Nesta charla abordaremos os principais aspectos dos métodos de ensamblado. Analizaremos a relevancia de introducir diversidade nas saídas dos clasificadores base e exploraremos as distintas técnicas dispoñibles para combinar de maneira efectiva estas saídas.