Xornada presentación M4 CoLab Days

Xov, 30 Mar 2023 08


O obxectivo do proxecto "M4 CoLab-Days" é poñer en contacto a investigadoras e investigadores do CITMAga para traballar en proxectos que poidan ser abordados dende distintas perspectivas, coa participación de persoal experto en varias áreas.


A liña temporal programada para estre proxecto é a seguinte:

  • FASE 1. Proposta de proxectos. (REMATADA)

A través deste formulario (ligazón), podedes facer as propostas de proxectos nas que estariades interesados en traballar e para as que se poderían configurar equipos de persoal investigador de distintas áreas. (Prazo de presentación de propostas: ata o día 20 de marzo de 2023)

  • FASE 2. Presentación de proxectos. (REMATADA)

O venres 14 de abril do 2023, celebrarase en formato híbrido (presencial e en liña) a xornada de presentación de propostas relativa ó M4 CoLab Days, durante este evento as persoas que propoñen os proxectos expoñerán as súas ideas, como paso previo á configuración dos grupos de traballo.
        - Data: Venres 14 de abril do 2023
        - Hora: De 12:00 a 13:55.
        - Lugar: Sala de Xuntas da Facultade de Matemáticas da USC. Tamén en formato en liña, a través da ligazón (MS Teams)
A programación para as presentacións é a seguinte:


Unha vez celebrada esta xornada de presentación, as persoas interesadas poderán inscribirse nos grupos de traballo que máis lles interese a través do seguinte formulario (ligazón).
O documento que recolle a información de todas estas propostas está dispoñible na seguinte ligazón (preme aquí).

  • FASE 3. Configuración de gurpos e xornadas de traballo. (EN PROCESO)

A través deste formulario, poderedes inscribirvos nos grupos de traballo. Cada grupo organizarase da maneira que lle resulte máis conveniente. Na medida en que a dispoñibilidade orzamentaria o permita, trataremos de cubrir dende o centro os custos de posibles desprazamentos para as xuntanzas dos grupos de traballo. O formulario permanecerá aberto ata o 19/04/2023.

  • FASE 4. Xornada de presentación de proxectos.

Na segunda quincena de xullo, organizarase unha xornada para a presentación de resultados, que se fará coincidir coa xuntanza anual do CITMAga.


  • CITMAga