María Gómez Rúa

Universidad
Universidade de Vigo
Área
Estatística e Investigación Operativa
Researcher ID
K-3851-2017
Código ORCID
0000-0003-0684-4928

María Gómez Rúa é licenciada en Economía e Doutora en Estatística e Investigación Operativa pola Universidade de Vigo. É Profesora Titular de Universidade no Departamento de Estatística e Investigación Operativa de dita Universidade. A súa investigación enmárcase na teoría de xogos, seguindo diversas líñas: xogos cooperativos, problemas de árbores de mínimo custo, de negociación, de reparto dos custos de limpeza de ríos, problemas derivados dunha inundación nunha cunca fluvial, etc. Dita investigación deu lugar a diversos artigos publicados en revistas internacionáis indexadas baxo índices de calidade, tales como: Economic Theory, Games and Economic Behaviour, International Journal of Game Theory, SERIE’s, TOP, Operation Research Letters, European Journal of Operational Research, Annals of Operations Research, Journal of Environmental Management (todas indexadas no Journal Citation Reports) e Economics Bulletin (indexada en EconLit e Scopus). Presentou o seu traballo en múltiples congresos e reunións científicas, tanto nacionáis como internacionáis e impartiu diversos seminarios de investigación por invitación en diferentes universidades.


Programa de investigación:

M4 Vida e Sostibilidade. Rumbo á sostibilidade, M4 Competitividade Industrial. Produción e xestión eficientes