María José Souto
María José Souto Salorio

Licenciada con grao en Matemáticas (1986) e doutora en Matemáticas (1998) pola Universidade de Santiago de Compostela. Catedrática de Escola Universitaria na área de Álxebra dende 2004 na Universidade da Coruña. Desde o doutoramento, a liña de investigación encádrase en Representacións de Álxebras e, máis recentemente, Dominación en Grafos por unha banda e Detección de contacto por outra. Os resultados da investigación recóllense en mais de 20 artigos publicados en revistas de impacto. O ensino das Matemáticas e a divulgación son outros ámbitos onde publico e participo de forma activa.
Programa de investigación:
M4 Ciencia e Coñecemento. Estruturas naturais