María Teresa Sánchez

Matemática Aplicada
Researcher ID
G-8933-2015
Código ORCID
0000-0002-3514-6443
Son doutora en Matemáticas (Doctorado Europeo) pola Universidade de Santiago de Compostela desde 2009 e membro do grupo de investigación “Multiscale in Mechanical and Biological Engineering (M2BE)” da Universidad de Zaragoza, recoñecido como grupo consolidado polo Gobierno de Aragón. Actualmente, levo a cabo a miña actividade investigadora no Departamento de Matemática Aplicada I da Universidade de Vigo.
As miñas liñas de investigación céntranse na modelización matemática e a simulación numérica de procesos biolóxicos, principalmente no estudio da migración celular, a propagación de bacterias e o desenvolvemento de tratamentos de radioterapia. Outras liñas de investigación de interese son a modelización matemática e simulación numérica de problemas non lineais procedentes de procesos industriais como a solidificación de coladas de aluminio ou a ruptura de materiais fráxiles.
Programa de investigación:
M4 Vida e Sostibilidade. Bioestatística e Biomatemáticas, M4 Competitividade Industrial. Modelización matemática para a industria, M4 Competitividade Industrial. Algoritmos e computación de altas prestacións, M4 Competitividade Industrial. Produción e xestión eficientes