María Vidal
Estatística e Investigación Operativa
Researcher ID
Código ORCID
0000-0002-3394-2729
Cursei o grao en Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e máis adiante o Máster en Técnicas Estatísticas no mesmo centro, especializándome na área de Estatística. Durante ese tempo tiven algúns traballos en mantemento de modelos de predición de contaminación para a central térmica de As Pontes a cargo da distribuidora ENEL (proxecto asociado ao grupo MODESTYA) e en análise e modelización de datos COVID (proxecto CEDCOVID asociado ao CITIC). Actualmente son contratada predoutoral da área de Estatística e Investigación Operativa da USC e traballo desenvolvendo contrastes de bondade de axuste baseados en energy distance para Análise de Supervivencia baixo a supervisión de Rosa Crujeiras Casais e Wenceslao González Manteiga.
Programa de investigación:
M4 Ciencia e Coñecemento. Análise matemática de datos, M4 Vida e Sostibilidade. Bioestatística e Biomatemáticas