María Xosé Rodríguez Álvarez

Universidad
Universidade de Vigo
Área
Estatística e Investigación Operativa
Researcher ID
K-9193-2014
Código ORCID
0000-0002-1329-9238

Doutora en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 2011. A miña carreira profesional comezou no sector privado, concretamente no sector das Tecnoloxías da Información, no que traballei entre o 2000 e o 2005. A miña primeira aproximación ao mundo académico e investigador foi como profesora asociada na Universidade de Vigo (2006-2007) e posteriormente como xestora de proxectos de I + D na USC (2008-2010). Do 2010 ao 2013 traballei como Biostatística na Unidade de Epidemioloxía Clínica do Hospital Universitario de Santiago de Compostela, entre 2013 e 2016 fun investigadora postdoutoral na Universidade de Vigo, e entre 2016 e 2021 fun Ikerbasque Research Fellow no BCAM (Basque Center for Applied Mathematics, Bilbao). Desde 2021 son investigadora Ramón e Cajal na Universidade de Vigo. A miña investigación metodolóxica en Estatística cobre 3 áreas diferentes pero moi relacionadas: 1) Desenvolvemento de métodos de estimación eficientes para modelos de regresión flexibles e complexos, 2) Avaliación estatística do valor diagnóstico e/ou prognóstico de biomarcadores clínicos, e 3) Proposta de novos métodos estatísticos para a análise de procesos espaciais e espazo-temporais no contexto de experimentos de campo agrícolas. Toda a miña investigación ten unha forte compoñente multidisciplinar, cun foco especial na súa aplicación en Medicina e Agricultura. A transferencia dos avances metodolóxicos a través de software libre constitúe unha parte importante do meu traballo.


Programa de investigación:

M4 Vida e Sostibilidade. Bioestatística e Biomatemáticas