Marta Benítez

Matemática Aplicada
Researcher ID
AAA-8370-2019
Código ORCID
0000-0002-0814-3108
Son Profesora Permanente Laboral no Departamento de Matemáticas (UDC), e membro do grupo de investigación Modelos e Métodos Numéricos en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas (UDC). A miña actividade científica enmárcase no campo da Análise Numérica e a Simulación Numérica de Ecuacións en Derivadas Parciais (EDPs), en particular nas seguintes áreas: combinación de métodos de elementos finitos e características de alta orde; problemas de convección-difusión; ecuacións de Navier-Stokes; problemas de fronteira libre; problemas de interacción fluido-estrutura; problemas de identificación de parámetros e control óptimo en Enxeñaría; técnicas de post-procesamento. Dirixín unha tese doutoral, e o meu traballo foi publicado en revistas de excelente calidade e presentado en congresos nacionais e internacionais. Email: marta.benitez@udc.es, lugar de traballo: Despacho 2.9 – Escola Universitaria de Arquitectura Técnica, UDC. Perfil de investigación Scopus: 55225865300
Programa de investigación:
M4 Competitividade Industrial. Modelización matemática para a industria, M4 Competitividade Industrial. Algoritmos e computación de altas prestacións