Marta Pérez Rodríguez

Universidad
Universidade de Vigo
Área
Didáctica das Matemáticas
Researcher ID
L-3999-2017
Código ORCID
0000-0002-4893-924X

Son Profesora Titular do Departamento de Matemáticas da Universidade de Vigo. A miña carreira científica centrouse na Xeometría Alxébrica, concretamente en dúas liñas. A primeira é o estudo da xeometría de esquemas formais e a súa aplicación, mediante métodos cohomolóxicos, ao estudo de variedades con singularidades. A segunda é o estudo da estrutura da categoría derivada en contextos xeométricos máis amplos, como esquemas usuais ou pilas. Parte desta investigación realizouse en colaboración cos profesores L. Alonso, A. Jeremías e M.J. Vale da Universidade de Santiago de Compostela. Así mesmo, durante a miña etapa postdoutoral, gocei dunha bolsa Marie Curie apoiada por Luc Illusie na Universidade Paris Sud 11. Ademais, recentemente iniciei unha liña de investigación en Didáctica das Matemáticas. Desde 2020, son a investigadora principal do proxecto de innovación educativa "Cóntancho as Matemáticas" financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), Ministerio de Ciencia e Innovación. O programa céntrase na mellora da educación matemática na última etapa de Educación Primaria e os primeiros cursos de Educación Secundaria, co obxectivo de contribuír a incrementar a cultura matemática e xerar vocacións matemáticas nesas idades.


Programa de investigación:

M4 Ciencia e Coñecemento. Estruturas naturais