Marta Sestelo Pérez

Universidad
Universidade de Vigo
Área
Estatística
Researcher ID
G-5689-2010
Código ORCID
0000-0003-4284-6509

Marta Sestelo é Profesora Titular no Departamento de Estatística e I.O. da Universidade de Vigo. Anteriormente, traballou durante aproximadamente 3 anos como Responsable Técnica de Data Analytics & AI en Gradiant (Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia) e, antes diso, foi Investigadora Postdoutoral no Centro de Matemáticas da Universidade de Minho (Portugal). É Doutora en Estatística e I.O. pola Universidade de Vigo.

Ten ampla experiencia no desenvolvemento de novas técnicas, metodoloxías e algoritmos relacionados co análise de datos e IA, especialmente nos campos de aprendizaxe automática, estatística computacional, análise de supervivencia e desenvolvemento de software.

Participou en 33 proxectos de investigación (3 H2020), presentou máis de 60 traballos en congresos internacionais e nacionais, desenvolveu 7 paquetes de R e, polo momento, é autora de 22 artigos publicados en revistas JCR.

En canto á transferencia, Marta colaborou con varias empresas como Telefónica, IBM, Hewlett Packard, DXC, Cellnex, Congalsa, Stolt Sea Farm, etc. Esta transferencia tecnolóxica deu lugar á supervisión dunha tese de doutoramento con Mención Industrial. Por último, tamén é destacable a súa experiencia docente en programas de empresas como BBVA Data & Analytics, EF Business School ou IESIDE Business Institute.

 

 


Programa de investigación:

M4 Ciencia e Coñecemento. Análise matemática de datos, M4 Sociedade Dixital. Sistemas intelixentes, M4 Sociedade Dixital. Computación, aprendizaxe e seguridade, M4 Vida e Sostibilidade. Bioestatística e Biomatemáticas, M4 Competitividade Industrial. Modelización matemática para a industria