Matemáticas: Habelas Hainas! 2024

21 Nov 2024
16:00
Aula Magna da Facultade de Matemáticas (USC)
CITMAga

O próximo xoves 21 de novembro, ás 16:00h, terá lugar na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela a xornada de divulgación "Matemáticas: Habelas Hainas! 2024". En dita actividade participará persoal vinculado e en formación do CITMAga.

Programa:

  • María José Ginzo Villamayor (investigadora vinculada do CITMAga da USC): Emerxencias por alcol: habelas, hainas!
  • Isaac Carcacía Campos (investigador en formación do CITMAga da USC): A ditadura topolóxica
  • Fernando Saco Pérez (USC): O infinito
  • Andrea Polo Rodríguez (USC): Matemáticas para modelar a vida
  • Eduardo Loureiro Novo (UVigo): Máis alá dos números naturais: transfini... que?
  • Lucía López Somoza (investigadora vinculada do CITMAga da USC): Afinar ben: unha cuestión de saber sumar

Organizan: Samuel Alvite Pazó (investigador en formación do CITMAga da USC), Paula Cambeses Franco, Ángel Cidre Díaz (investigador en formación do CITMAga da USC), Diego Mojón Álvarez (investigador en formación do CITMAga da USC) e Iria Rodríguez Acevedo (investigadora en formación do CITMAga da USC).

Máis información (preme aquí).

Rexistro (preme aquí).

Esperámosvos!