Mesa redonda (Máster en Técnicas Estatísticas)

10 Out 2023
12:00
Salón de Graos da Facultade de Matemáticas USC
Máster en Técnicas Estatísticas da USC e CITMAga

O próximo 10 de outubro, en horario de 12:00 a 14:00, terá lugar de forma presencial no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela unha mesa redonda en torno ao uso da estatística e a investigación operativa no sector privado. En dita mesa redonda participarán algunhas das empresas coas que colaboramos dende o Máster en Técnicas Estatísticas: Gradiant, Hijos de Rivera, Inditex e SDG.

Por temas de aforo, é importante que cubrades o seguinte formulario para confirmar a vosa asistencia a este evento. A data límite para anotarse é o venres 6 de outubro.

Ligazón (preme aquí).