Mesa Redonda: O equilibrio na vida matemática

28 Nov 2025
11:30
Facultade de Matemáticas (USC)
CITMAga

A Mesa Redonda "O equilibrio na vida matemática" terá lugar o 28 de novembro na Aula Magna da Facultade de Matemáticas (USC) e reunirá a grandes figuras expertas para compartir experiencias neste sentido. 

A xornada terá como cita central a charla de Maria Yakerson (CNRS), investigadora en teoría K, quen falará das súas reflexións sobre como alcanzar o equilibrio no axetreado e, ás veces, hostil mundo académico. Na mesa redonda que seguirá á esta charla discutiremos da problemática inherente á vida do investigador: o síndrome do impostor, a inestabilidade laboral e persoal, o exceso de traballo, as dificultades para conciliar, as desigualdades no ámbito..., factores que a todas e todos nos afectan nalgún momento. 

 

Relatoras e relatores:

  • Alberto Cabada Fernández (USC-CITMAga) 
  • Rosa M. Crujeiras Casais (USC-CITMAga)
  • Carla Dopazo Pavón (USC)
  • Jennifer Duncan (UAM) 
  • Ixchel Dzohara Gutiérrez Rodríguez (UVigo-CITMAga)
  • Óscar Rivero Salgado (USC-CITMAga)
  • Maria Yakerson (CNRS)

 

Data: 28 de novembro 2025.

Hora: 11:30h - 13:30h. [11:30h-12:30h: Charla | 12:30h-13:30h: Mesa Redonda]. 

Lugar: Aula Magna da Facultade de Matemáticas (USC).

Modalidade híbrida (conexión virtual e asistencia presencial).

Rexistro (preme aquí).

 

Organizan:

  • Laura López Paz (CITMAga)
  • Ana Peón-Nieto (USC-CITMAga)

 

Patrocinan:

  • Axuda CNS2022-136042 financiada polo MICIU/AEI/10.13039/501100011033 e pola Unión Europea NextGenerationEU/PRTR
  • Proxecto PID2023-147785NA-I00 financiado por MCIN/AEI/10.13039/501100011033 e por FEDER, UE

 

Este encontro contará ca colaboración do CITMAga e a Facultade de Matemáticas (USC).

 

Para ver a sesión (preme aquí).