Miguel Brozos

Matemática Aplicada
Researcher ID
G-2216-2018
Código ORCID
0000-0003-4945-9587
A miña investigación céntrase no campo da Xeometría Diferencial e as súas aplicacións a outras ramas da Ciencia. Son Doutor en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela (2007) e, dende 2013, son coordinador do grupo de investigación en Xeometría Diferencial e as súas Aplicacións na Universidade da Coruña (UDC). Profesor Titular do Departamento de Matemáticas na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol dende o ano 2012, conto con tres avaliacións positivas da miña actividade investigadora. Ata agora codirixín tres teses de doutoramento (unha máis en proceso) e actualmente son coordinador na UDC do programa de doutoramento en Matemáticas e Aplicacións. O meu principal interese é a Xeometría semi-riemanniana, con especial atención a liñas de investigación que exploran a curvatura e a relación coa xeometría da variedade a través de ecuacións xeométricas. Estes aspectos teñen aplicacións no estudo de modelos cosmolóxicos en Física relativista. Este campo compleméntase co estudo de problemas de detección de contacto entre corpos e a creación de algoritmos que permitan evitar colisións entre eles, o cal se aplica en ámbitos como a robótica e o deseño asistido por ordenador.
Programa de investigación:
M4 Ciencia e Coñecemento. Estruturas naturais, M4 Sociedade Dixital. Sistemas intelixentes, M4 Competitividade Industrial. Algoritmos e computación de altas prestacións