Miguel Domínguez Vázquez

Universidad
Universidade de Santiago de Compostela
Área
Xeometría e Topoloxía
Researcher ID
E-8671-2016
Código ORCID
0000-0002-9468-1868

Miguel Domínguez Vázquez é Profesor Titular de Universidade no Departamento de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela e no CITMAga. Doutorouse en 2013 pola USC, e realizou estadías posdoutorais no King's College London (Reino Unido), IMPA (Brasil) e ICMAT-CSIC (Madrid). Disfrutou de contratos Ramón y Cajal, Juan de la Cierva e Marie Skłodowska-Curie, e foi Profesor Axudante Doutor na Universidad Autónoma de Madrid. É autor de máis de 25 artigos, incluíndo publicacións en J. Reine Angew. Math., Math. Ann., Adv. Math. e Arch. Rat. Mech. Anal. Ten impartido máis de 60 conferencias invitadas en distintos países, dirixiu 4 teses doutorais, e é IP dun proxecto de excelencia da Xunta de Galicia. A súa investigación céntrase na interacción entre simetría e forma no eido da xeometría riemanniana, en particular no tocante a accións isométricas e xeometría de subvariedades en espazos homoxéneos. Destacan as súas contribucións á construción e clasificación de foliacións isoparamétricas, así como de accións polares e de cohomoxeneidade un en espazos simétricos. Fixo tamén aportacións á teoría de problemas sobredeterminados de EDPs e á dinámica de fluídos.


Programa de investigación:

M4 Ciencia e Coñecemento. Estruturas naturais