Miguel Ernesto Vázquez

Matemática Aplicada
Researcher ID
A-7859-2013
Código ORCID
0000-0003-3026-5889
Doutor en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), o meu campo de investigación é a simulación numérica, a optimización mono e multi-obxectivo, e o control óptimo de ecuacións diferenciais. Teño publicado máis de 50 artículos en revistas de internacionais de gran prestixio e teño participado en numerosos congresos nacionais e internacionais relacionados co meu campo de investigación, e coas deste en enxeñaría e medio ambiente. Fun coordinador na USC do Máster en Enxeñaría Matemática e do Programa de Doutoramento en Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas do 9 de outubro ao 5 de maio de 2012. Actualmente son coordinador do Grupo de Investigación da USC en Simulación e Control Óptimo en Medio Ambiente (GI-1566).
Programa de investigación:
M4 Sociedade Dixital. Sistemas intelixentes, M4 Vida e Sostibilidade. Rumbo á sostibilidade, M4 Competitividade Industrial. Modelización matemática para a industria