Modelando a teoría homotópica dos espazos vía posets

26 Out 2022
16:00
Aula 10, Facultade de Matemáticas USC
CITMAga

"Modelando a teoría homotópica dos espazos vía posets ", organizado polo CITMAga, en formato presencial. Será impartido por Alba Sendón Blanco, Universidade de Santiago de Compostela. 

Data: mércores 26 de outubro

Hora: 16:00 h.

Lugar: Aula 10, Facultade de Matemáticas USC

Duración: 1 h

Abstract: 

Nesta charla exporanse as nocións básicas das estruturas de modelos de Quillen coma unha ferramenta esencial en topoloxía alxébrica e teoría de homotopía abstracta.

En primeiro lugar, trataremos as ideas básicas sobre as estruturas de modelos, para logo pasar a exemplos particulares destas. Concretamente, falaremos da estrutura de modelos de Thomason na categoría de categorías pequenas e como se relaciona coa estrutura de modelos de Kan-Quillen na categoría de conxuntos simpliciais vía unha equivalencia de categorías homotópicas, aportando un modelo para a teoría de homotopía dos espazos topolóxicos.

Finalmente, describiremos como a categoría de conxuntos parcialmente ordenados herda esta estrutura de modelos, ofrecendo aínda outro modelo para a teoría de homotopía dos espazos. Ademais, analizaremos a relación entre esta estrutura e a dos espazos T0 de Alexandroff.

 

Actividade co-financiada coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades