Modelando fluídos non newtonianos con ecuacións p-laplacianas

02 Nov 2023
17:00
Salón de Graos, Facultade de Matemáticas da USC
CITMAga

"Modelando fluídos non newtonianos con ecuacións p-laplacianas", impartido por Paula Cambeses Franco (Área de análise matemática).

Data: Xoves 2 de novembro de 2023.

Hora: 17:00 h.

Lugar: Salón de Graos, Facultade de Matemáticas da USC.

Abstract:

Que pensariamos se vísemos a alguén camiñando sobre a auga? Creriamos que é un efecto visual ou que é posible? Efectivamente, existe unha serie de fluídos cuxo comportamento se afasta das leis clásicas de Newton. Isto é o que acontece cos fluídos non newtonianos, cuxa viscosidade varía coa temperatura ou a tensión cortante. Exemplos disto son a pintura e a maionesa. A súa análise é importante, pois teñen numerosas aplicacións como a fabricación de chalecos antibalas.
Ao estudar estes fluídos chégase ás denominadas ecuacións p-laplacianas. Nesta charla abordarase o estudo das mesmas, centrándose na súa modelización e na busca de solucións de problemas de contorno por medio da teoría espectral.