Modelos epidemiolóxicos en redes complexas
Modelos epidemiolóxicos en redes complexas
"Modelos epidemiolóxicos en redes complexas", impartido por Javier López Pedrares (Área de Matemática Aplicada).
Data: 28 de febreiro de 2024.
Hora: 17:00h.
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Matemáticas (USC).
Abstract:
Na actualidade, as redes de interacción entre as persoas mudaron drasticamente o seu comportamento con respecto aos séculos pasados. Os humanos somos os principais hóspedes dos virus e estamos interconectados formando auténticas redes complexas de interacción. Así pois, nesta charla centrarémonos en describir diversos modelos epidemiolóxicos acoplados con redes complexas que nos permiten estudar o comportamento pandémico dende dúas perspectivas: a nivel "intrahost", segundo evolucionen os virus dentro do noso organismo; e a nivel rede de interacción, segundo a topoloxía da rede complexa modifique o estado da pandemia.